Para quen non o saiba, o SUP (Stand up paddle) é unha nova modalidade deportiva da práctica do surf. Concretamente consiste en navegar nunha táboa de surf axudados por un remo.
Os concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira organizan un evento desta modalidade deportiva que se celebrará o vindeiro mes de setembro. O primeiro problema xurde, como é habitual, da negativa do Concello de Ribeira a respectar a súa propia toponimia, empeñados unha e outra vez en deturpar o seu nome substituíndo o oficial e rexo B por un V de raíces españolizantes.
O segundo problema é que lle negan ao galego a súa presencia tanto no cartel como no documento informativo para a inscrición. Finalmente unha nota curiosa: neste documento,por increíble que pareza, aparece correctamente o topónimo Ribeira, porén tamén podemos atopar un fantasmagórico *Puebla do caramiñal. Velaquí a terceira pedrada contra o galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario