"Desta volta podemos comprobar indo á propia páxina web e perfil de facebook do concello como a programación da chamada "Festa Corsaria", está única e exclusivamente en castellano."Efectivamente, agás o título do programa, o resto do programa está redactado en español.
Ademáis Queremos Galego denuncia na mesma nota que esta práctica non foi a única na que o concello mostrou o seu desprezo pola lingua de noso xa que parece ser que emitiu panfletos de turismo e de actividades de praia sen que o galego aparecese por parte ningunha.
Ante noticias coma éstas un pregúntase ata que punto as presuntas actividades normalizadoras das que se gaba a SXPL teñen efecto algún. Nestas mesmas datas este organismo da Xunta anunciaba que no seu programa O galego campa!, participaran 600 nenos. Pois ben, vimos de ver como en só un dos 315 concellos de Galicia, o galego foi escluído das actividades de lecer. A cantas persoas debemos contabilizar que lle chegou esta outra mensaxe? .... E se a isto lle sumamos outros casos, como o da famoso Mercado Medieval de Corcubión, onde sucedeu outro caso semellante, cal pode ser o balance do desprezo á nosa lingua na xoldra estival? De certo que o que falsamente anuncia a SXPL non.
De regalo unha imaxe da progamación de actividades que se desenvolveron na praia de Aguete (Marín) nestes días pasados:
Ningún comentario:
Publicar un comentario