Grazas a unha brincadeira do twitter, por fin temos un logo que identifica o leite galego, e non esa chafallada que argallaron hai catro anos nunha volta máis de estragamento da nosa lingua. E ben se sabe que quen non acredita na nosa lingua, tampouco pode defender o noso campo.
Isto do desprezo da lingua galega nas campañas promovidas pola Xunta xa parece obra dun decreto (o do plurilingüismo, seguramente). Estes días podemos escoitar na radio un par de anuncios ("Quero Galicia" e "futuro de calidade") nos que se fai un uso do "se" que se podería cualificar de chiripitifláutico. Nos últimos tempos podemos lembrar campas como a de "Ahora Galicia conecta contigo" (2010), ,, "O teu sangue é vida, compártea", nomeando ao sangue en feminino, en imitación deturpadora do castelán tal e como agora fan tamén co leite en "Gal(L)ega 100%" (la sangre, la leche) ; "Cadelín", outro spot en castelán promocionando o emprendemento, "Pulpo de lonja" como a marca de calidade do polbo...
Por certo, o logo que deixei aquí pegado podería aproveitalo a Xunta para algo máis que para o leite, quizais para aplicarllo ao propio goberno.
Máis sobre o tema:
Se é leite, é galego por Francisco Xosé Rei García en Terra e Tempo
Blanca e... en cartón? por Cris Moss no Xornal
Tuneando o "gallega cien por cien"
100% anti-galega
Un erro na marca galega do leite por Cris Moss no Xornal
Gal(L)ega 100% por Xavier López López en A Nosa Terra
Leite gordo, leite 100% galego
Ningún comentario:
Publicar un comentario