O xuíz titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Cambados e membro da Irmandade Xurídica Galega, Juan Manuel Hermo Costoya, impartiu un relatorio sobre a Normalización do uso da lingua galega na Administración da Xustiza.
Entre outras cousas falou da Carta Europea de Linguas Rexionalis ou Minoritarias (CELRM) da que comentou o seu carácter periférico dentro do ordenamento xurídico xa que se ben é de cumprimento obrigado, no caso de que non se cumpra nun prazo de tempo indeterminado, as institucións europeas deberían demandar garantías para o seu cumprimento. Xa hai moito que foi subscrita a Carta polo que reclama que xa debería haber instrumentos que garantizaran que se fixeran efectivos eses dereitos. Para iso debería haber leis de normalización lingüística que ampararan eses dereitos.
O xuiz pregúntase a que lei debemos recorrir para que se nos garantan os nosos dereitos lingüísticos. A resposta é clara: a ningunha. Dependemos únicamente da boa vontade da persoa á que nos diriximos.
A LNL do 1983 establecía o deber de coñecemento da lingua galega. Daquela, un recurso presentado por García Sabell, botou abaixo este recoñecemento. Hermo comenta que a situación política naquel momento é moi distinta á actual e isto levou a que en Cataluña sí exista este dereito, aínda que moi matrizada polo Tribunal Constitucional. Co transcurso do tempo a opinión do Tribunal Constitucional foi cambiando. O estatuto de aunomía catalán permite garantir o principio de territorialidade do uso das linguas. Isto é, que toda administración en Cataluña debe dirixirse a calquera cidadán en catalán e calquer cidadán en Cataluña ten dereito a se dirixir a calquera institución en catalán. Pero outra vez o Tribunal Constitucional coutou outra vez este dereito.
Un resume doutros aspectos do relatorio pódense consultar neste artigo do Galicia Confidencial.
A ponencia está organizada no marco das Actividades Extraacadémicas e de Extensión Cultural da Facultade de Filoloxía e Tradución.
Vía UVigotv
Ningún comentario:
Publicar un comentario