Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
venres, 9 de outubro de 2015
Polafía na Estrada
Hoxe, venres 09/10/15 celebrarase na Estrada un encontro de recuperación e divulgación de contos e historias populares. Será ás 20:00 no MOME (Museo da Madeira e o Móbel). Trátase dun acto aberto, de entrada libre.
Este acto estará organizado pola Asociación Cultural “Vagalumes” e a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega). Contarase coa colaboración da Asociación Cultural “Tamparrantán” de Santo André de Vea que levan anos traballado na recollida e difusión da cultura popular do noso Concello. Ademais estará presente a tradición do entroido da Ulla e da literatura oral do noso rural.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario