Algunhas veces aparece por algún dos blogroll que teño por aquí á dereita algunha cousa fóra do común. Este é hoxe o caso.
Nestes días non foron poucas as referencias que, con motivo do seu pasamento, houbo a Neira Vilas así que non sería de estrañar que esta do IES de Curtis, unha máis, se me pasara. E sería unha enorme perda.
A publicación comenza así:
A exposición Eu son… naceu cun dobre obxectivo: por unha banda pretendía render homenaxe a Memorias dun neno labrego, obra singular na historia das nosas letras e, por outra, ofrecer un tributo aos nosos antergos, a todas aquelas persoas que teceron coas súas vidas os nosos presentes.As súas 118 páxinas son unha restra de perlas nas que se recupera a memoria e o orgullo dos nosos antepasados, das súas aldeas, dos seus soños, da emigración, da dictadura,.... Un exemplo a imitar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario