Como mostra desta obstinación temos o cartel das últimas eleccións municipais no que o lema é ben indicativo do que estamos a comentar: "AVante RiVeira".
Este autoodio acaba reflectido en todas as accións de goberno. Unha das inversións máis custosas levadas a cabo en Ribeira foi o da construción dunha nova lonxa. O orzamento anda polos 15 millóns de euros. Para maior gloria da zunia gobernante, quixeron que o novo edificio fose un emblema da fachenda do insulto á lingua galega pola vía da deturpación do topónimo do concello instalando no exterior da nova lonxa unhas letras de gran tamaño co lema LONXA DE RIVEIRA. O caso foi denunciado polo BNG, que parece ser o únco grupo municipal interesado no respecto tanto á lingua como á lexislación sobre a toponimia.
Quen ten moita culpa da impunidade da actuación do goberno municpal é a Xunta, especialmente a Secretaría Xeral de Política Lingüística, quen en ningún momento fixo pública ningunha declaración instando ao concello a someterse á Lei de Normalización Lingüística. Visto o caso parece que esta lei é a única que ten a virtude de que pode ser saltada sen consecuencia ningunha.
Finalmente, e grazas a esa denuncia do BNG, Portos acabou ordenando pintar un B sobre o V orixinal que aínda se pode ver impreso sobre a fachada da lonxa. A trapallada quedou así, segundo nos mostra esta foto do xornal La Voz de Galicia:
Ningún comentario:
Publicar un comentario