O ano pasado Disquecool tivera a orixinal idea de abrir unha votación durante o Culturgal para buscar a palabra máis odiada da lingua galega. A #verbainfame resultou ser grazas. En segundo lugar quedou merda.
Neste vídeo do Portal das palabras, a lingüista María Pereira explica as razóns polas que debemos dicir grazas, e non gracias. Pensemos noutras palabras patrimoniais que tiveron a mesma evolución desde o latín como preguiza, cobiza ou presenza. Se comenzamos a desprezar grazas, non tardaremos en acabar dicindo mierda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario