Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
xoves, 10 de decembro de 2015
Unha vídeoconfencia para 109 centros e 6600 alumnos
O pasado 4 de novembro 109 centros escolares, sumando un total de máis de 6600 alumnos participantes, celebrouse o VI Día da Ciencia en Galego coa vídeoconferencia A máquina que constrúe a mente e a realidade, impartida por Xurxo Mariño, profesor da Universidade da Coruña.
Podemos comparar estas cifras coas que nos ofrece a SXPL, quen indica que case 1000 foron os asistentes á actividade de "Contos en Rede", que visitou un total de 30 concellos. Trátase dunha das actividades do FalaRedes, que é o único proxecto en vigor o que estaba chamado a ser proxecto estrela da política lingüística do goberno do Partido Popular, a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) e que ficou nun devaluado Bocaberta, programa das mesmas características, que se desenvolveu durante o bipartito. Neste FalaRedes, ao que se destinan uns 800.000 €, tamén podemos atopar "Os Bolechas na máquina do tempo" que pasou por 40 concellos ou "Os axóuxeres", que visitaron outros 26 concellos, e "Estamos no verán!!!", con 18 actividades realizadas. Entre todas elas, isto é, todo o FalaRedes (ou toda a RDL) suman tantos lugares como aos que chegou a CGENDL cunha soa actividade, a vídeoconferencia do Día da Ciencia en Galego, xornada na que se reivindica o uso do galego nas aulas de ciencias, prohibido por un decreto que defende a SXPL.
Que a vídeoconferencia sexa un éxito é debido á mesma razón pola que o FalaRedes é un fracaso. A actividade da CGENDL está organizada con enstusiasmo e na procura dunha maior implantación do galego, pola contra as actividades programadas pola SXPL nacen coa pexa de que quen as organiza faino únicamente como pantalla para intentar ocultar unha política lingüística radical e agresiva contra o galego.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario