Na parte positiva
Ao ver que o
IES Félix Muriel (Rianxo) vai colaborar cun proxecto iniciado polo
concello chamado
Arrolos de Rianxo, tiven un flash de memoria que me lembrou que lera algo sobre o asunto no
Sermos. Trátase de identificar a aqueles veciños que teñan coñecemento destas cancións de berce para gravalos e divulgalos polas redes sociais. Con esta finalidade Arrolos de Rianxo abriu unha conta de
facebook e outra de
twitter.
O vindeiro ano preténdes publicar un CD co material recollido. Polo momento podemos acceder a un
listado de gravacións na plataforma soundcloud.
Arrolos de Rianxo ten un precedente
nunha das iniciativas de Apego, un programa colectivo parido
pola CTNL, para formentar a transmisión interxeneracional do galego.
Na parte negativa
Este verán os medios afíns ao réxime fixeron noticia dun plan de dinamización da natalidade que comenzaría por unha cesta de benvida para os bebés, que a pesar de ser únicamente un
contedor cutre de material de propaganda , acabou divulgándose como se en realidade fose a famosa
caixa finlandesa. Xa desde o principio houbo quen avisou de non era outra cousa que
un foguete electoral. Pero o peor do seu contido explicóunolo Nel Vidal
neste artigo. A caixa inclúe un CD con cinco cancións de berce en castelán. Isto é o agasallo da Xunta nunha Galicia na que menos do 10% dos rapaciños dan os seus primeiros pasos en galego. Está clara cal é a dirección da política lingüística. Moita gabanza e lavado de cara diante das cámaras e unha toma de decisións dunha xenreira e un radicalismo propios do Ku Kux Klan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario