A finais deste mes (31/10/17) celebrarase a gala do Ari[t]mar do presente ano na que se entregarán os premios aos mellores poemas e mellores músicas en galego e portugués. Na pasada edición as cancións gañadoras corresponderon á galega Cantiga da Montaña de Xabier Díaz &Adufeiras de Salitre e á portuguesa Capicua de Medusa.
Especialmente agradecida é a idea que tiveron de publicar en formato de vídeo-poema as gañadoras do certame poético nun acto de dupla irmandade. Velaquí que o mellor poema portugués Não sei, minha filha... de José Ricardo Nunes foi lido por Belén Regueira:

e o mellor poema galego, O corazón, de María do Cebreiro pódese escoitar na voz de Rui Spranger. Unha feliz iniciativa que conviña seguir divulgando deste orixinal xeito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario