Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 23 de setembro de 2011

A Nosa Terra: fin e principio

Hai ben pouco alguén con máis memoria ca min facíame a acordante, nun comentario deste mesmo blolgue,  de que tamén a versión dixital A Nosa Terra debía estar nos seus últimos días. Hoxe foi o día.
Co titular 'Cento catro anos despois, un novo até logo' despedíase esa fiestra aberta ao galego que foi sempre A Nosa Terra.
Aínda que vai moito co máis co meu carácter remexer nas augas lodas do pesimismo, xa estou farto de epitafios, por iso hoxe, no canto de loas tristes ao defunto, vou celebrar o seu nacemento coa alegría coa que se recibe unha nova vida no fogar: non sei se o farían á mantenta, pero hoxe, no blogue Publicacións galegas, anuncian que podemos descargar o primeiro número do voceiro das Irmandades da Fala. As súas primeiras liñas dicían:

Fundar, soster, escolas en Galicia é obra santa, patriótica. Máis axudar a vida d´este boletín é corolario obrigado d´aquelas iniciativas loudabres. As escolar son pr´os nenos; o boletín, tral-a xuntanza dos enxebres, espertará o sentimento y-o pensamento da mocedade que  comenza a xurdir na loita. A nosa terra percisa dun boletín xa que hastra o d´agora hai xornales e revistas gallegos, mais nin un soyo de Galicia, esquirto en gallego y-en Galicia, pra Galicia. Oxe bule pol-os nosos eidos e polas nosas vilas un sospeitoso andacio rexionalista. Hai que peneirar as intenciós, pra separar a palla do grau. Chegou a hora de definirnos.


Pois iso: á procura de escolas e boletíns galegos, que ben nos cómpren.

Ningún comentario:

Publicar un comentario