Até sempre!, foi a despedida de Vieiros (24/07/2010)
chuza! tamén pecha as portas, foi un titular do Xornal (25/07/2010). Afortunadamente despois resucitou.
'A Nosa Terra' manterase na rede despois de desaparecer como semanario impreso, en culturagalega.org (1/09/2010 faise o anuncio )
Galicia Hoxe sae mañá á rúa por derradeira vez, no propio Galicia Hoxe (o último número é o do 28/06/2011)
Adeus e grazas, vémonos na rede, era a mensaxe da última portada en papel do Xornal, era o 4/8/2011 e anuncíabase unha nova etapa deste medio que pasaba a ser Xornal.com, mais
Xornal.com tamén pecha na rede, no Galicia Hoxe
Así que:
galiciaconfidencial.com
ResponderEliminarFalta a desaparición de ANT da rede, anunciada para este outono debido ao peche de Promocións Culturais Galegas.
ResponderEliminarEfectivamente, temos galiciaconfidencial.com, tamén están algúns proxectos locais como Radiofusión, valminor.info, avozdevilalba.com,..., pero ningunha, polo momento, cunha capacidade á altura dos últimos anos de Galicia Hoxe, por exemplo.
ResponderEliminarSobre a desparición de ANT en dixital, tes razón:http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=19311&soportal=lg3
Pois non che queda máis remedio ca falar cos de SERMOS GALIZA ou subscribirte á revista TEMPOS NOVOS (mensal).
ResponderEliminarA ver se os proxecto de Sermos Galiza tira para adiante. Que o mundo periodístico en galego ande tan mal é un mal síntoma de como anda a sociedade en xeral.
ResponderEliminarAgora ben, se non nos restrinximos á información xeral, hai máis cousas, tal e como se apunta neste post: http://www.converxencia.org/2010/11/medios-escritos-en-galego-habelos_20.html
Temos isto, a nosa voz, aquí, no blogomillo, ao que tanto ignoramos ultimamente, mirando cada quen para a súa eiriña de millo e pouco máis.
ResponderEliminarCos medios en galego non rematou ningún goberno, senón os que falamos galego, ignorándoos. Xa non digo comprándoos. As axudas? Esa é outra. Somos un pais tan subvencionado que non somos capaces de sacar adiante proxecto algún sen axudas. Avogo porque desaparezan todas... para todos.
Que teñamos o blogomillo non quita que poidamos ter un Galicia Hoxe, e a existencia deste non debería ser impedimento para un Sermos Galiza. Sobre as subvencións, eu non sei porque circula a idea de que todo o feito en galego está todo subvencionado e, pola contra, o castelán non recibe axuda ningunha. O certo é xusto o contrario, en contra de leis tan funcamentais como a LNL: http://galiciaconfidencial.com/nova/5503.html
ResponderEliminar