Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 29 de setembro de 2011

Refraneiro galego dixital

A páxina refraneirogalego.com é unha versión reducida da aplicación 'Refraneiro Galego para iOS', desenvolvida para móbiles Apple e que permite a consulta de case 10.000 refráns.  Foi desenvolvida por Filloa Dev quen, deste xeito, establecen unha innovadora forma de relacionar as novas tecnoloxías a un dos aspectos máis deturpados da nosa lingua pola enorme presión do castelán: o refraneiro.
Se queremos ter lingua de noso, non nos queda outra que recuperarmos para o uso cotiá o que está quedando para estudos filolóxicos esotéricos. Ou mellor dito: sen gaita, non hai festa.
Vía Código Cero




Ningún comentario:

Publicar un comentario