Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 15 de setembro de 2011

Unidades didácticas de matemáticas para a ESO (en galego)

Agora que comenza o curso creo que é o mellor momento para presentar os únicos libros de texto de matemáticas en galego aos que podemos ter acceso hoxe en día pois grazas ao labor de ataque á nosa lingua de quen todos sabemos a situación está no mesmo lugar que cando colectivo Vacaloura hai máis de 30 anos publicaba o primeiro libro de texto de matemáticas en galego.
O que aquí aparece é só unha mínima parte do que constitúe o material ed@d para matemáticas na ESO.
ed@d  é un proxecto do Ministerio de Educación. Fundamentalmente é un libro interactivo que permite incidir unha aprendizaxe autónoma aproveitando os recursos TIC. Para coñecer a totalidade dos recursos ed@d de matemáticas bastaría con navegar por esta páxina. Se queremos descargalos tamén podemos desde aquí.
De seguido van 12 unidades didácticas para cada un das cinco áreas de matemáticas na ESO, e aproveito para agradecer ao MEC as facilidades aportadas para que poidamos compartir este recurso, ao profesorado implicado no seu desenvolvemento e sobre todo a Xosé Eixo, o coordinador e impulsor desta iniciativa en Galicia.

1º ESO


2º ESO


3º ESO

3 comentarios:

  1. Miña nai! Isto si que é traballar duro.
    Parabéns por estas unidades didácticas e por contribuír a normalizar a nosa lingua na túa área.
    Aínda me vou animar eu, que son de letras, a recuperar as matemáticas esquencidas.
    Parabéns!

    ResponderEliminar
  2. Moito traballo, e sen apoio ningún da Xunta (que só aportou atrancos). Creo que os grupos de traballo en Euskadi e Cataluña tiveron outra sorte. E ten en conta unha cousa: os documentos que puxen aquí son só unha mínima parte de todo que se pode atopar no proxecto ed@d. Por cada unha destas unidades didácticas hai uns 100 arquivos html, e moitos levan inserido un programa que é o que permite que vexamos unha pizarra interactiva... así que moito traballo que podemos aproveitar os profesores de matemáticas.

    ResponderEliminar