Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 22 de abril de 2016

A toponimia como tesouro onde escoller nomes galegos para os nosos fillos. O caso de Dodro

por César Varela García, en Terra e Tempo:

Veño de atoparme con unha xoven viciña que pasea o seu recén nado bebé con todo o orgullo.Pregúntolle polo nome e dí que se chama algo, que en tendín como,ARITZ; a seguir aclaroume que era un nome vasco,pois o pai do neno era de esa orixe.Logo falei coa filla dun viciño que se chamaba de,LEIRE,pois a nai era nativa de Euskadi.A boas horas mudaríamos unha só letra, para que a nosa filla se chamase de, LEIRA !E así, cantidade de meniñas galegas locen os nomes de Monserrat ,Nuria, Aránzazu ou Begoña, nomes de topónimos catalás e vascos que se colocan como antropónimos via advocacións marianas.Haberá alguna meniña galega que se chame de AMIL, FRANQUEIRA ,PENEDA, CORPIÑO,CHAMORRO ou VISO ?Ainda que tamen son topónimos referidos a vírxenes veneradas neses lugares, teñen unha maldición de nascemento, son nomes galegos, son da Terra, definénnos como galegas, VADE RETRO !Moito millor chamarse de “Monte Aserrado” ( Montserrat) ou “ Monte cheo de espiños” ( Aránzazu) ! O amor, veneración e milagres de esas vírxenes do País non nos leva tan lonxe como para colocar o seu nome a ninguén da nosa prole.As nosas santiñas son vencidas polas santas de fora;do mesmo xeito que o noso voto vai engrosar a forza dos partidos estatais.Ou como vemos millor que nos gañen R. Madrid ou Barcelona aos nosos Celtiña e Deportivo. Caso único no mundo, o das nosas “ mente-captas”!
Nen as forzas do Ceo chegan, para vencer a forza da colonización sobre as cabeciñas dos galegos. Vaiche boa !
O CASO DE DODRO
Imos tratar aquí a orixe de un topónimo dun lugar rosaliano; DODRO, nas beiras do Ulla e tratar as suas consecuencias á hora de escoller nomes para os nosos fillos.Pensamos que a sua orixe é un antigo nome suevo, e razoamos así:A lor do nome de DODRO.É cousa de acentos .1º) Hai nomes que o pobo acentuou ben, e o ambiente académico ou relixioso, mal.Por exempro: O nome de ALDARA, que hoxe pronunciamos ALDÁRA, na antigüidade debeuse pronunciar ÁLDARA, pois ás veces nos escritos aparece como ALDRA.Miña filla ,comentaba de nena ,que sua profesora centroeuropea (checa), sempre a chamaba de, ÁLDARA.Se o nome de ÁLVARO non se tivese conservado oralmente , e só por escrito, a nosa pronuncia sería estilo castelán como, ALVÁRO.GUÍSTOLAS e WÍMARA carregan tamén na primeira sílaba, como xermánicos que son.Outro caso: O nome culto é ISIDÓRO, pero o pobo conservou o orixinal xermánico, e sempre dixo,ISÍDORO, e daí o popular ISÍDRO de hoxe.2º) No caso dos DODROS galegos ( pois hai outro na Arzúa), suspeitamos o seguinte:Trátase do nome dun antigo posesor suevo chamado de THEÓDORO (olho ao tilde ) > THEÓDRO > DEÓDRO e daí os nosos DÓDROS de hoxendia.Sustemos esta teoría a despeito das escritas medievais que notan o lugar cos nomes de, DALODRO (1.114) e DAODRO (1.118).Tamén suspeitamos que iste nome de, THEODORO é o responsábel do chamadeiro do Pazo de TOR , en Monforte, e por demais, da cidade zamorana de TORO, ainda que iles falan duns supostos, CAMPUS GOTHORUM.THEODOR é tamén a base do nome ruso, FEODOR ou FEDOR.Perto de Dodro está o lugar chamado DEGAREU, onde nós advertimos un antigo AD RECAREDU, lugar habitado por un posesor de nome RECAREDO ( A de RECAREU, que diríamos popularmente hoxe).Ainda temos outros nomes que de xeito semellante á evoluzón anterior veñen de :TEÓFILO > THÓFILO >TÓBIOque ficou entre nós,como apelido mal acentuado de TOBÍO. TEÓDOSIO > TÓSIO > TOXO TEÓDOSARIO> TÓSSARIO >TOXEIROE ainda: TEÓDOSARI > TÓSARI > TÓSAR. que ilustra o nome do coñecido actor lugués.
Istes apelidos de TOXO,TOXEIRO e TÓSAR,conservados hoxe como apelidos,nada deben ter a ver co picudo e fermoso arbusto que inza polo País, e mais ben reclámanse como procedentes do antigo suévico TEODOSIO.E , seica non estarán detrás dos ,hoxe apelidos, TORRENTE , TORRADO e TÓBAR ,os vetustos TEÓDORENTE ,TEÓDORATO e TEÓBALD?.Enche a imaxinación nomes como:DODRO,GONDAR,TÓSAR,BALTAR,GÚLFAR,RECAREU,XIMEU,WÍMARA,OSEBE,…..e infinitos mais .Velaí o riquísimo cardume de preciosos e antigos nomes ,xa evoluidos na boca de noso pobo ,que embelecen a toponimia do País.Il non seria mais normal escoller para nosos fillos neste variado xarabal de topónimos da nosa Terra, que andar á percura de extranos apelativos ,que, ao fin, designan nomes de lugar de lugares foráneos?Raro País o noso, que despreza a sua riqueza e onde o obvio, é malísimo de entender, e cuase imposível de practicar !

Ningún comentario:

Publicar un comentario