Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 6 de abril de 2016

Moreno Cabrera denuncia os perigos do bilingüismo forzoso



Neste vídeo do dixital Vilaweb, o profesor da Universidade Autónoma de Madrid, Juan Carlos Moreno Cabrera, advirte dos perigos de caer na ideoloxía do bilingüismo forzoso. Trátase dunha intervención motivada pola súa adhesión ao manifesto Por un verdadeiro proceso de normalización lingüística na Cataluña independente, do que destaca o punto 2, no que se denuncia a ideoloxía do bilingüismo e, que desde o punto de vista científico, segundo Moreno Cabrera,  é punto que mellor subsetenta todo o manifesto.
O catedrático de lingüística xeral afirma que esta ciencia está dominada pola ideoloxía do supremacismo lingüístico. Comenta que se fala de linguas globais, no canto de falar de linguas impostas; que se fala de morte de linguas, no canto de falar de lingüicidio, de asasinato de linguas pois a morte parece algo natural. No caso do bilingüismo, explica como a lingüística oficial é usada para facilitar procesos de bilingüización forzosa, o que implica unha erosión da lingua dominada, que vai perdendo as súas características, que se vai fragmentando, perdendo vigor tanto no uso como na estrutura gramatical.

P.S.: Acaban de subir este vídeo no que, ademais da intervención de Moreno Cabrera podemos seguir outras da presentación do que se coñece como manifesto Koiné


Ningún comentario:

Publicar un comentario