Cando tiñamos o Planetaki de ENDL a man era moi fácil seguir o traballo dos Equipos de Normalización. Desde a súa desaparición isto complicouse bastante, por iso é de agradecer que se divulguen por todos os medios as actividades que se realizan arredor da lingua e a súa promoción nos centros de ensino. Foi éste o caso deste vídeo, divulgado por ProLingua, e que nos chega desde o IES Dionisio Gamallo (Ribadeo), da man de Suso Acevedo.
A idea é explicar, en formato audiovisual, o contexto no que xurdiu un texto. Neste caso estes rapaces de 2º da ESO fálannos de "As pozas demoradas" de Xavier Rodríguez Baixeiras. Preséntannos as dependencias do instuto, o punto de partida da poesía do escritor ribadense.
Xa que o proxecto se presenta en plural, conTextos, agardamos que non tarde en haber novas achegas. Estaremos atentos, e .... parabéns polo traballo. Nas tomas falsas respírase un moi bo ambiente para crecer aprendendo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario