Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
luns, 4 de abril de 2016
Coñecemento vs. uso
Velaquí todo un tratado do conflito que está na cerna do debate lingüístico actual. Cada vez que, con toda a razón, se lle recrimina á Xunta a súa política lingüística, a resposta é sempre a mesma: "o coñecemento do galego é moi alto". É certo, mais tamén o é que isto, aínda que é un valor do que se lle pode tirar moito proveito cando se trata de alcanzar maiores niveis de normalización, non se ten en conta desde os organismos de goberno. Atendendo aos datos nos que tanto insiste a Xunta, o 99,16% da poboación galega entende o galego. Entón, por que cando se fan probas selectivas para a Administración, se pasa o traballo de elaborar cuestionarios en castelán? De que nos serve que toda a poboación entenda a nosa lingua se despois desde a propia Administración se realizan prácticas supremacistas, negándolle á lingua galega toda posibilidade de uso se non é mediada dunha sobrecargante bilingüalización?
O portal do Carrabouxo ten unha etiqueta adicada ao idioma. Dalí saquei esta viñeta, que só é unha de entre unha moi boa restra de reflexións sobre a situación sociolingüística de Galicia e a agresiva política lingüística que se está a praticar.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario