Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
venres, 23 de setembro de 2016
A Xunta solicita que se lle envíe documentación en castelán
Ante a presentación por parte de Adega dunha solicitude feita en galego, a Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, coa descupa de que un dos organismos implicados, o Ministerio de Facenda
"require a presentación da documentación en lingua castelá, polo que solicitamos nos remitan un exemplar da documentación presentada, en castelán, coa fin de evitar dilacións na tramitación do documento"
En resume, despois de terlle enviado a documentación en galego, a Xunta pide que se lle envíe en castelán. Veremos como ante este novo agravio a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) aínda ofrecerá xustificacións sobre o inxustificable proceder da Consellería da Presidencia pois este organismo (a SXPL) só está para xustificar todos e cada un dos pasos atrás dados tanto na política lingüística como nas accións discriminatorias dos organismos ideolóxicamente afíns ao PP.
Ningún comentario:
Publicar un comentario