O concello da Estrada estalle dando un decidido apoio ao Día de Rosalía, un exemplo que estaría ben seguiran noutros municipios. Onte no Museo do Moble o alumnado de colexios e institutos participaron nunha lectura compartida de versos da escritora. Ao remate do acto proxectouse, como primicia, este fermoso vídeo dunha Rosalía que nunca se acabará.
No audiovisual compártense fragamentos de vídeo con recitado de versos rosalianos chegados dende Glasgow, Leiden, Fuerteventura, Turaif, Dubai, Copacabana, Polonia, Japón, Jerez, Munich, Venecia, Guanzhou, Tailandia, Los Angeles, París, Portugal, Buenoss Aires, Granada, Inglaterra, Irlanda, República Checa, Suíza,... e tamén retallos gravados centros educativos do concello da Estrada.

Parabéns pola iniciativa, e polo excelente resultado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario