Pasou o día, pero para os que amamos e vivimos nela, hoxe segue sendo Días das Letras.
Onte dábamos conta do principal acto do Día das Letras, a manifestación de Quremos Galego!. Hoxe toca repaxar algúns momentos que seguen ecoando como, por exemplo o deste vídeo publicado por Praza Pública, e que me encantou. Non só o vídeo, senón tamén o artigo co que se acompañaba, denunciando a actitude antigalega da Xunta, que vía o funesto decreto do plurlingüismo, quer desligar ciencia de uso do galego. E aínda máis, a restra de artigos deste dixital arredor do Día das Letras deste ano, é antolóxica. Debería ser de lectura obrigatoria en centros de ensino.
O certo é que a semana xa comenzara a tomar corpo arredor da celebración da lingua coa efervescencia dos chíos etiquetados cos hastags #Microespañolismos e #SiCaféConLeite. Todo comenzou cun reto do secretario de comunicación do BNG:
Se ampliamos o intervalo de tempo, temos innumerables achegas dos centros escolares. Por poñer algúns exemplos, remítome ás que fun recollendo por aquí estes días anteriores: "A festa no faiado", da Escola Infantil de Sarria, "Xa non teño medo" do CEIP do Carballal (Marín), "Anagnóriseando" do IES de Vilaboa, ou o case-oficial Telexonal do CPI dos Dices (Rois)Anímádevos a contar os microespañolismos cotiás que padeces por falar en galego. Visibilizalos é importante para poñer en evidencia a falta de normalidade do uso da nosa lingua no noso propio país. Usemos hoxe #SiCaféConLeite e #Microespañolismos para contar cadaquén o seu caso.— Xavier Campos 🎗️ (@sinheira) 14 de mayo de 2018
Alén do mundo docente, tamén houbo achegas signficativas. Velaí o documental sobre María Victoria Moreno do concello de Pontevedra ou a agradable sorpresa do club de fútbol gaélico vigués Keltoi, que elaborou un audiovisual con lecutas da obra de María Victoria Moreno.
Houbo, e seguramente haberá, artigos de opinión que afortunadamente non poden deixarnos indiferentes. Eu escollín dous publicados pola revista Luzes. Un, do sempre sarcástico Antón Losada, cun título que adianta a melodía do contido: "O asasinato do galego", e outro do máis enterado do que se move no mundo dixital no ámbito sociolingüístico (e non só), Iván Méndez, quen en "Mil futbolistas máis para a lingua galega" mostra as caras da zunia, aínda máis monstruosas cando se comparan coa faz da defensa da lingua desde o que debería ser a normalidade máis normal de todos os días, pero que ata se ve rara, por infrecuente nun país anormalizado pola forza.
Para rematar este repaso á resaca do 17 de Maio, un par de ideas que me chegaron á ialma. Viñeron da Agrupación Astronómica Io, quen tivo a feliz iniciativa de elaborar un chío-fío coas (poucas) obras de ciencia publicadas en galego. Paga a pena miralo para decatármonos da febleza da cultura galega, e de quen é o responsable de estarmos nesta situación. Só se pode ser un hipócrita ou un idiota e seguir negando que os autores materiais da elaboración e aplicación do funesto decreto do plurilingüismo non son responsables da laminación da lingua de noso. Finalmente, uha nova luzada da Agrupación Astronómica:
Sei que houbo moitas máis cousas, pero estas son as que quixen destacar.Queremos un Día das Letras para a Ciencia. E o noso candidato é Ramón María Aller, pioneiro da divulgación en galego cos artigos que publicou na revista Logos. Axudádesnos a convencer á @AcademiaGalega co cancelo #LetrasparaAller? pic.twitter.com/2gO3yKahQY— Agrupación Ío (@agrupacionio) 18 de maio de 2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario