por ¨Iván Méndez, na revista Luzes:
Xogo de agudeza visual. Atope vostede as diferenzas:
A Xunta prepara un plan para fomentar o uso do galego entre a xuventude.A Xunta prepara o primeiro plan para dinamizar o uso do galego entre os novos.Sen entrarmos en sutilezas, que xa os estou vendo, as cabeceiras semellan as mesmas. Ao apareceren en tres medios diferentes con intereses económicos diferentes (ehem), será certo (ehem) que a Xunta-Política Lingüística está intensamente fuchicando niso da fomento-dinamización galaico-lingüística.A chave está en mirarmos a letra miudísima, esa que aparece despois dos titulares en letra grande e negra e as entradas en cursiva: a data. A primeira é do 29 de abril de 2016. A segunda, do 21 de febreiro de 2017. A terceira, do 18 de abril de 2018.Ao gusto do feirante fica se son moitos ou poucos 2 anos (e o que queda deste) para preparar «un pran (sic) que se basee e que prantexe (sic) medidas en positivo» a prol da lingua, en parábolas senlleiras do egrexio conselleiro na presentación do documento (-non-me-movas-o-marco). Se se fai ben, benvido sexa o bienio e o que se precise. Se se fai mal, tanto dá 2 anos que 2 días.É mal comeza cando, pasado o envoltorio, na primeira páxina con miolo do documento lemos que se busca a «participación (…) para que, coa implicación de todos, se cree unha dinámica de actuación encamiñada a poñer en marcha iniciativas dirixidas a aumentar o uso do galego entre mozas e mozos». Repetimos: participación para a creación dunha dinámica de actuación encamiñada para a posta en marcha de iniciativas. A parte contratante da primeira parte.Intuímos que a man que o redactou aínda non pasou polos cursos de linguaxe administrativa para afinar o seu requinte. Pero si ten o Curso de Word Macanudo pois o cadro seguinte quedoulle ídem:
Reparemos no primeiro apartado. Si, é xusto o que parece: que iso de que «A Xunta prepara un plan» en 2016, e o de que «A Xunta prepara un plan» de 2017, quedou reducido a «A Xunta prepara un plan» en 2018. O mellor é que é a propia Xunta a que di no seu propio plan que vai preparar un plan en 2018. Nin en 2016. Nin en 2017. Veremos en 2019.Xa se sabe que os tempos na administración son os que son. Os do fume, tamén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario