Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 16 de xuño de 2013

Contos do que non hai



Actuación da música e contacontos galega Maria da Pontragha, dentro das xornadas "Contadas & Musicadas. Oralidade, música e literatura en Galiza" que tiveron lugar en Deusto o pasado mes de novembro do 2012

sábado, 15 de xuño de 2013

Fala galego porque es de Marín



Os estudantes de todos os centros de ensino de Marín elaboraron este documento audiovisual dentro da campaña "Fala galego porque es de Marín". O pasado martes 11/06/2013 físoxe a presentación oficial do vídeo no museo Manuel Torres.
Segundo comentaba un dos representantes dos centros participantes "este documental é unha peza máis de toda a programación que teñen previsto levar a cabo os centros educativos marinenses para chamar a atención sobre o emprego do galego"
Parabéns a todos os que traballaron nesta excelente iniciativa.

venres, 14 de xuño de 2013

Portal das palabras






O pasado xoves 13/06/2013 presentouse un novo portal desenvolto conxuntamente pola RAG e a Fundación Barrié. Estamos a falar do Portal das palabras, un espazo web que ten como obxectivo contribuír ao coñecemento e difusión dos recursos léxicos creados pola Academia entre a comunidade escolar.

anuncia o portal na túa webO Portal das Palabras ten unha navegación dobre. Por unha banda, desde a portada accédese directamente aos novos contidos publicados e navegando por eles, poderemos continuar descubrindo moitos máis. Por outra, mediante os botóns superiores de seccións, vaise a cada zona da web, onde veremos explicacións de cada apartado así como as súas utilidades, podendo así acceder á totalidade dos contidos que se leven publicados.

O Portal contén, tamén, un potente dicionario electrónico que inclúe un servizo de busca de sinónimos e antónimos. Unha versión similar desta ferramenta pode ser descargada para utilizar en aparellos con sistemas operativos iOS e Android.Este novo espazo web conta tamén cunha colección de vídeos que prometen ir ampliando, outra de xogos, así como o compromiso de achegarnos propostas didácticas.
Todo un acerto para achegar tanto a  Academia como a lingua á cidadanía, aproveitando as novas tecnoloxías e cun formato atractivo. Dese hoxe, aquí nos acompañará unha ligazón á páxina desde a columna da dereita.

mércores, 12 de xuño de 2013

Crónica dunha ofensiva contra a lingua galega

Publicado nas Voces de Prolingua:

Nos 30 anos que leva de camiño a Lei de Normalización Lingüística (LNL), o decreto 79/2010, tamén chamado do plurilingüismo, representa o maior retroceso nas políticas de normalización da lingua galega. Non está de moda poñer a ese decreto en cuestión pero iso non implica que se anulara a súa carga de nocividade. Todo o contrario. Esta aparente normalidade vai aparellada á institucionalización do proceso contrario á normalización: a promoción da substitución lingüística.

martes, 11 de xuño de 2013

Irmandade.tv



Hoxe bota a andar Irmandade.tv, unha canle de televisión na rede, e en galego.
Debido á escasa presenza nos medios da nosa lingua, calquera nova que represente un paso adiante na normalización é ben recibido.
Aproveito para destacar que pagamos e subvencionamos moitas canles de televisión por antena que emiten exclusivamente en castelán. Como sempre, os nosos cartos non se usan para a normalización senón para o abandono da nosa lingua.

luns, 10 de xuño de 2013

Carta a Alonso Montero (para abrir un debate)

por Víctor F. Freixanes, no xornal La Voz de Galicia:


Querido profesor e amigo: concordo basicamente co que dis no teu artigo de onte en Culturas. Tampouco é a primeira vez que falamos destas cousas. O galego como lingua de instalación, lingua de identidade e de uso non só no ámbito oficial e litúrxico, mais tamén no ámbito privado: na familia, cos amigos, na socialización do lecer, no amor... A lealdade ao idioma, en definitiva. Algo terrible arrastra este país que ten que discutir estas cuestións: dispoñer dunha lingua propia e maioritaria, patrimonio do que moi poucos pobos poden presumir, e que a teñamos atrancada desta maneira. Na aldea onde vivo os paisanos falan aos seus fillos pequenos en castelán, aínda que os pais entre eles falen galego, e aínda hoxe cando lles preguntas por que seguen a manter esta práctica (con trinta anos de Lei de Normalización Lingüística, coa CRTVG emitindo dende 1985, co discurso institucional maiormente neste idioma) responden aquilo de que «é a lingua na que van ter que vivir» (sic). Así me contestou unha veciña amiga non hai moito.

A lus do mundo



Un poeta nace ou faise? A resposta está neste documental no que os rapaces do IES de Guitiriz redescubren ao seu poeta, Xosé María Díaz Castro.
Esta documental forma parte dunha campaña en redes sociais de divulgación da obra do poeta e de reivindicación de que lle sexa adicado o Día das Letras Galegas

domingo, 9 de xuño de 2013

sábado, 8 de xuño de 2013

Lingua do pe (ou do pé?)



Foi grazas a Agustín Fernández Paz que tiven referencia deste delicioso blogue: xogos de lingua, no que se bota unha ollada á lingua desde o lado máis lúdico.
Sabía que non tardaría en recoller algunha dos seus enredos para compartilo desde aquí. Preséntase aquí unha canción do brasileiro Sergio Augusto que é un xogo completo de principio a fin. Ata tal punto que eu non sabía como titular esta entrada: se "Lingua do pe" ou "Lingua do pé" (mirade o vídeo).

Por suposto, vía xogos de lingua, onde se pode consultar a letra da canción.

venres, 7 de xuño de 2013

Vilariño de la mamá

No concello ourensán de Baños de Molgas hai unha parroquia. O seu nome é San Cibrao de Lama Má. Unha das súas aldeas é Vilariño de Lama Má.

Vía Prolingua, quen por certo, ten un mapa no que podemos engadir queixas coma ésta...ou parabéns como o desta empresa de Soutelo de Montes ou o da campaña para a normalización da hostelería promovida polo ENDL do IES Félix Muriel e o concello de Rianxo.

xoves, 6 de xuño de 2013

Que se deixen de coñas e de querer parecer sen seren

por David Otero en Sermos Galiza:

Teñamos a prudencia necesaria. Diso estamos avisados.Ollo ao que nos queren meter. El algo buscan para tornar a auga para eles.Falo da man tendida ( que nós non mordemos, que somos outra cousa). Falo así do noso idioma, da nosa Lingua Galega. De princípio dicir que a normalización da nosa Lingua ( a galega para que non haxa medias tintas) é tamén primordialmente unha cuestión política xa que mesmo…que é tamén , si, esa Secretaría Xeral de…cargada de orzamento…?

Hoxe é luns, mañán é martes, cuarta feira logo vén



Mediante este vídeo a sección da Mesa pola Normalización Lingüística en Bergantiños pretende dar a coñecer como as denominacións dos días da semana por "feiras" era moi común na nosa comarca até hai moi pouco tempo, ao igual que no resto do país. Deste xeito animamos á veciñanza bergantiñá e ao conxunto do pobo galego a sermos partes activas do proceso de recuperación das formas tradicionais e xenuínas dos días da semana: "Segunda feira, terza feira, corta/cuarta feira, quinta feira, sexta feira".

Vía O blogue de Carlos Callón

mércores, 5 de xuño de 2013

"En galego, o que ti queiras" por Greira



O ano pasado, Oscar Mon, alumno do IES Fotem Albei (A FOnsagrada)  elaborou a letra dun rap para o Correlingua 2012. A canción titúlase "En galego, o que queiras" e interpretouna na Praza de Santa María en Lugo en maio de 2012.
Este ano, deu ó salto á TVG e presentouna o día das Letras no programa "Luar".
Vía Afonsa le e conta

martes, 4 de xuño de 2013

Polo d+ m= ;-)

por Nel Vidal en Praza Pública:

Aí atrás chamáranme dunha radio para intervir nun debate sobre como a mocidade estaba a “esnaquizar a lingua” nas redes sociais, mensaxes de móbil, etc., e o prexudicial que iso era para o ensino e o idioma. Supuxeran, claro, que eu, ao ser técnico de normalización lingüística, estaría máis ca indignado con tal desfeita…

luns, 3 de xuño de 2013

Que dirían os fundadores? (Carta aberta á Xunta directiva da Coral de Ruada)

Por Xosé Antón Laxe Martiñán, membro da Coral de Ruada, nas voces de Prolingua:

Efectivamente, como di o Goberno galego no comunicado no que se publican as concesións das Medallas Castelao correspondentes á edición de 2013, a Coral de Ruada leva 95 anos conservando e promovendo a tradición musical, e dicir, actuando ininterrompidamente, ganduxando na polifonía e na música nacional-populares.

Paixón activa polo galego

por Manuel Rei Romeu en Terra e Tempo:



Seriamos moi inxenuos se asumísemos o discurso dominante que intenta facernos crer que a lingua, un ben de todos, debería quedar á marxe da loita política. A argumentación, xa ben tópica e manida, que se espalla desde unha suposta ponderación e sentido común, pretende acomplexar aos que mostran un acendido amor polo galego que, para colmo de todos os males, lle estaría a causar un grave prexuízo ao mesmo.

Tis-che-ten

Sigamos co tema, que ten o seu chiste.

sábado, 1 de xuño de 2013

Un 17 de maio para (non) esquecer

por Xoán Carlos Domínguez Alberte, no Sermos Galiza:



Esta data pasará á historia o presente ano por diversos motivos de nefasta lembranza.
A aprobación da LOMCE polo consello de ministros, que esnaquiza a educación pública e laica e por medio de cuxa lei, de rancia ideoloxía relixiosa e españolizadora, a nosa lingua deixa de ser materia troncal e lingua vehicular no currículo.

Tis-che-tein, tis-che-teins, ou tic-tein