Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 6 de xuño de 2013

Que se deixen de coñas e de querer parecer sen seren

por David Otero en Sermos Galiza:

Teñamos a prudencia necesaria. Diso estamos avisados.Ollo ao que nos queren meter. El algo buscan para tornar a auga para eles.Falo da man tendida ( que nós non mordemos, que somos outra cousa). Falo así do noso idioma, da nosa Lingua Galega. De princípio dicir que a normalización da nosa Lingua ( a galega para que non haxa medias tintas) é tamén primordialmente unha cuestión política xa que mesmo…que é tamén , si, esa Secretaría Xeral de…cargada de orzamento…?


Pero por favor , falo como galego de pobo, non xoguemos ás palabras de linguaxe “ derivado” ou “ diferido” ( que bonito, pero falso en esencia).Basta. Claridade plena. Non queiran ( os da Xunta) parecer sen seren. Que se deixen de coñas. O consenso pola nosa Lingua Galega soamente comezaría a edificarse seriamente se o diálogo se desenvolve a partir da restitución do que nos sacaron ( a eles non lle valía e así o puxeron a feder), si, o que nos sacaron coa súa maioría absoluta a toda prepotencia e acusándonos de “ impoñer” e outras cousas máis, digamos parvadas cheas de cativeces , pero de maldade e velenosas ( que hai que facer memoria).

Para dar pasos de verdade hai que comezar desde a literalidade da LNL ( e máis nada) e o seu Plano de Normalización. E que se saiba que o PP nisto non é de fiar. Para eles Galicia é unha sucursal do centralismo faesmente puro e duro. Oportunidade que teñen de botarlle culpas indebidas ou poñerlle forras e vetos ás nacionalidades, aos pobos, do Estado fano sen carautas, nin voltas e así niso non lle saen as colores, pois teñen bos conductores e adiviñadores, ecos e amplificadores.Para nada de fiar. Unha máis ao noso favor, dirán eles, para seguir dando voltas ao sítio sen que nada se mova e así, indo de dialogadores ( que mirade o que lles importa) fan ver que os de sempre, quen sufrimos a perversión da súa política tocante á nosa Lingua, somos os do non e os da teimosa intransixencia e plena. Desta, ao meu ver, non se lles debese pasar unha por alto.
Dame que ven o asunto alodado para eles e queren gañar forza á conta da nosa resistencia firme e seguridade limpa. Pois non. A eles o que lles importa son as intencións. Os medios e as verdades sonlle irrelevantes.A súa man tendida non é boa cousa nestes tempos. As conspiracións non teñen lugar no noso corro.Poden satanizarnos pero non levan nunca a razón. Que saben eles do dialogar ético? Que sigan a mandar recados que o solar está definido e determinado. Pois que sítio queren eles para a nosa Lingua?
Nestes momentos son eles, os do PP, quen teñen que resolver o problema e nós pola nosa parte xa imos dándolle solucións, si, e tamén daquela aos nosos padeceres que son en boa parte consecuencia das súas accións e decretazos. Somos as galegas e os galegos víctimas das súas disposicións , gobernos, con clara finalidade de nos poñer no punto cero. Por iso que agora… mellor que non nos inoportunen. Nós imos co noso e así o marabilloso que eles fixeron… que lles preste, pois os únicos que podemos gañar a normalización ( a Lingüística tamén) deste pobo somos nós, as galegas e os galegos. Con eles, cos do PP, mal. Que xa estamos fartos dos que sempre nos viron como mans negras, perigosos elementos subversivos, teimosos da imposición e pola contra eles sempre os da propostas honestas, limpas e puras, xenerosas para o afortecemento da identidade de Galicia. Vaites, vaites…
Pois que sigan nas ondas. Que manden mensaxes. E avisos con mans tendidas. Que non se cansen. Pero que expliquen os princípios que os inspiran. Eles os titulares téñenos. Agora…que o digan os feitos. Nós preguntamos…descomposición ou construcción…? ( cal a intención das chamadas?).

Nós, as galegas e os galegos, penso e así o digo, estaremos sempre e referido neste caso á nosa Lingua Galega, coas propostas positivas que nos recoñezan e co que se mova de verdade para avanzar. Estaremos sempre nesa obra de construcción comunal. Nese reflectir amplo e xeneroso do noso pobo do galego, soberano, en activado proceso democrático, aberto, participativo e popular.Todas as frontes nosas á fronte, diante, nas vangardas.Todas na confluencia contundente da defensa da nosa Lingua Galega. Basta de crise perpétua para ela. Basta de medidas indixeribles de malísimas consecuencias.O punto de partida é devolver o sustraído de maneira imposta.Velaí esa actitude desexable, a dos que nos demanden diálogo, que podemos ata dicirlle xenerosa, para que así e niso, os cambios nos fagan mover e sentir nos desexos certos dos que nos determinamos neste pobo de ben: Galicia.
Pouco hai que inventar e si moito que aprender dos feitos e no andar da nosa historia.A nosa Lingua Galega tamén nos proporciona conciencia.Vexamos se así tamén lles pasa aos que se arrogan diálogo. Non han roubarnos os soños…Diso poden estar seguros. Oxalá que nese chamo que fan…viñesen a sumar para cambiar as cousas.Sería melura inmedible.Sería.

Ningún comentario:

Publicar un comentario