Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 28 de xuño de 2013

Unha curta de Tim Burton en galego



Así como hai uns días o blogue Xogos de lingua recollía unha entrada desta Carta Xeométrica sobre a deturpación toponímica nos sinais dunha aldea de Baños de Molgas, hoxe son eu quen recolle de alí unha entrada sobre a tradución que realizaron no clube de lectura do IES Ferro Couselo (Ourense) dunha curta de Tim Burton, Vincent. Trátase dun excelente traballo que ademais é un exemplo de como colocar unha bandeira da normalización nun souto prácticamente ermo xa que realizan unha tradución dunha obra atractiva ao galego. Mentres a Xunta usa a súa reducionista versión do plurilingüismo como arma para reducir a presenza e uso do galego no ensino aquí temos un exemplo do camiño que se debería seguir na aprendizaxe de linguas.
Lembro ben que vira esta curta cando acudira a ver ao cine unha película do mesmo director: The Nightmare Before Christmas. Antes do filme proxectaran esta deliciosa curta. Tamén lembro que gozara ganto coa proxección que daba por ben pagada a entrada con só ter visto a curta Vincent. Como unha das cousas que máis me impactara fora escoitar a voz de Vincent Price relatando a historia, non podo deixar de recomendar escoitala aquí mesmo. Basta con volver a premer o play.



3 comentarios:

  1. Dende o IES Ferro Couselo, moitas grazas pola difusión e o recoñecemento do noso traballo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas a vos por realizardes un traballo inédito, orixinal e con tan bo gusto.

      Eliminar
    2. Como di Paloma, grazas polas atencións recibidas. O Club de Lectura do IES Xesús Ferro Couselo é o noso elemento máis dinamizador da lingua.
      Saúdos!

      Eliminar