O pasado xoves 13/06/2013 presentouse un novo portal desenvolto conxuntamente pola RAG e a Fundación Barrié. Estamos a falar do Portal das palabras, un espazo web que ten como obxectivo contribuír ao coñecemento e difusión dos recursos léxicos creados pola Academia entre a comunidade escolar.
O Portal contén, tamén, un potente dicionario electrónico que inclúe un servizo de busca de sinónimos e antónimos. Unha versión similar desta ferramenta pode ser descargada para utilizar en aparellos con sistemas operativos iOS e Android.Este novo espazo web conta tamén cunha colección de vídeos que prometen ir ampliando, outra de xogos, así como o compromiso de achegarnos propostas didácticas.
Todo un acerto para achegar tanto a Academia como a lingua á cidadanía, aproveitando as novas tecnoloxías e cun formato atractivo. Dese hoxe, aquí nos acompañará unha ligazón á páxina desde a columna da dereita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario