Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
sábado, 8 de xuño de 2013
Lingua do pe (ou do pé?)
Foi grazas a Agustín Fernández Paz que tiven referencia deste delicioso blogue: xogos de lingua, no que se bota unha ollada á lingua desde o lado máis lúdico.
Sabía que non tardaría en recoller algunha dos seus enredos para compartilo desde aquí. Preséntase aquí unha canción do brasileiro Sergio Augusto que é un xogo completo de principio a fin. Ata tal punto que eu non sabía como titular esta entrada: se "Lingua do pe" ou "Lingua do pé" (mirade o vídeo).
Por suposto, vía xogos de lingua, onde se pode consultar a letra da canción.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario