Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
domingo, 30 de xuño de 2013
Contra o Día de Rosalía
Un dos grandes éxitos colectivos deste curso foi a convocatoria feita pola AELG para celebrar o Día de Rosalía. Nos centros de ensino foron múltipels as actividades realizadas. A Consellería de Educación respondeu como é habitual nela, intentando minimizar o máis posible esta convocatoria e rexeitando incluir esta celebración no calendario escolar á par doutras como os Días da Paz ou do Libro.
Despois de comprobar que o único efecto que ten a celebración deste día é a do achegamento ao renacemento da nosa poesía e á estima dunha lingua que foi recuperada para o uso culto. Despois de comprobar que esta celebración o único que nos trae son iniciativas tan agradables de ver e escoitar como este recitado colectivo da Negra Sombra no IES Pino Manso (O Porriño) comprendemos mellor ata que punto o sectarismo e o control ideolóxico contra a afirmación da conciencia identitaria galega está instalado nos nosos gobernantes. Por iso non pasa un día en que me cuestione sobre a lexitimidade duns dirixentes que non gobernan con, nin para, senón contra o pobo de Rosalía.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario