"Contemprou cal pasaban e pasaban
Collendo hacia o infinito,
Sin que ô fiaren n'ela
Os ollos apagados e afundidos
Deran siñal nin moestraD'habela n'algun tempo conocido."
No mesmo mes en que celebramos a publicación de Cantares gallegos hai 150 anos, a Consellaría de Cultura e Educación négase un ano máis, e desta volta con especial belixerancia, a acoller a proposta que desde a CIG-Ensino se vén realizando de que o 24 de febreiro, Día de Rosalía, forme parte do calendario escolar no apartado de conmemoracións, ao lado de datas como o Día de Europa ou o Día da defensa dos dereitos do consumidor.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
venres, 31 de maio de 2013
Estranxeira na súa patria
por Marta Dacosta, en Terra e Tempo:
Cómete o mar
A Consellería de Medio Rural está cometedo u novo atentado contra a lingua pois vén de iniciar uha campaña co estrafalario lema de "Cómete o mar" [sic]. Por se alguén aínda o dubida, pode visitar o portal ou a páxina de facebook.
As queixas non tardaron en chegar. Mais veremos como desde a Xunta non fan moito caso. Desde que entrou Feijóo no goberno xa se repetiron casos semellantes a estes [Gallega 100%, O teu sague é vida. Compártea, o spot do 8 de marzo "Eu son pilar", "Non sexas cómplice dun crime": preparados, apunten, lume!, Coida Galicia- Carino, a sinalectica "Camino de Santiago", o ataque atrabiliario de Turexpo, os anuncios que se están emitir na RAG "da mel de Galicia", ou mesmo a SXPL deturpando a toponimia, por non falar da publicidade directamente en castelán]
Todas estas iniciativas son, máis que nada, campañas contra a norma e, sobre todo, contra a normalización. Nelas divúlgase a idea de que o galego é unha lingua feble, sen calidade; foméntase a inseguridade lingüística. Unha chea de accións da Xunta na promoción do abadono da lingua.
Pregútome cara onde derivará este camiño que tomou a Xunta, a institución que para os galegos é o primeiro referente da promoción e defensa do galego. Non se trata de que teña que intervir unha feble SXPL pedíndolle de favor á conselleira de Medio Rural que corrixa a campaña. Estes son os exemplos da política lingüística que desenvolve o goberno: nula transversalidade, nada de respecto nin de coidado polo galego. Pola contra, aínda teremos que escoitar falar a Valentín García de que o decreto para o plurilingüismo non pode cegarnos respecto da política lingüística pois é o único punto de desacordo e que o importante é que non só o ensino, senón no resto dos ámbitos, hai que establecer medidas de apoio e promoción do galego. Xa se ve.
Que será o próximo? : Cómeto, To comes? Te o comes? cómesto?...Mentres, o único que vemos comesto é a normalización.
P.S.:
Pola creatividade galega e a calidade lingüística, da CTNL
Un manifesto pide á Xunta que paralice as campañas con erros lingüísticos. 31/05/2013, Praza Pública
A campaña da Xunta 'Cómete o mar' suscita polémica por non coidar a lingua, 31/05/2013, Sermos Galiza
A CTNL demanda que a Xunta paralice as campañas que descoidan o galego, 31/05/2013, no Sermos Galiza

xoves, 30 de maio de 2013
Língua galega e Cia, Sociedade Limitada
por Henrique Egea Lapina, no Terra e Tempo:
Para continuar com a análise da colonização do nosso país [já falei na memória histórica e em aspectos do dia a dia] não podo resistir-me a tratar o controvertido tema da língua pois, nos últimos tempos, venhem acumulando-se diversos feitos deste sector (o culebrão da RAG., as queixas dos editores, as mudanças de opção lingüística de alguns autores, a proposta de legislativa popular Paz Andrade...)
Propostas para un novo discurso lingüístico
Hai un ambiente festivo dentro do autobús. Un algareiro grupo de adolescentes acaban de chegar a Vigo. Estudan nun instituto dunha vila pequena e están nunha realizando unha excursión. Entre eles falan decote en galego. Pero ábrese a porta do autobús.Tan pronto como como poñen o pé no asfalto da cidade comenzan a falar en castelán. A que se debe esta abdución? Valentina Formoso explicanolo no libro Do estigma á estima (Xerais, 2013).
A obra ten dúas partes ben diferenciadas. Na primeira a autora fai unha crítica dos resultados obtidos das análises sociolingüísticas fundamentadas en métodos cuantitativos. Cunha metodoloxía que xa empregara Ana Iglesias [Falar galego: "no veo por qué", Xerais, 2002] constrúe o seu argumentario a partir das gravacións de diversos grupos de discusión. A novidade da obra reside en que estes grupos están formados polos rapaces do autobús: procedentes de entornos galegófonos de zonas rurais.
A partir dos discursos destes adolescentes Formoso Gosende vai identificando as actitudes e prexuízos que permanecían ocultas nas enquisas: 1) inseguridade na propia lingua relacionada co alleamento da norma; 2) deslealtade no uso do galego pola asunción da submisa aplicación da "amabilidade lingüística"; 3) vergoña polo acento galego e 4) rexeitamento das medidas normalizadoras. Dando un paso máis alá elabórase un mapa das concepcións sociolingüísticas nas que se enraízan estes prexuízos, e que poderíamos sintetizar coas ecuacións galego = rural, galego = baixa clase social, galego = nacionalista e galego = lingua inútil.
A segunda parte do libro é un marco para a acción normalizadora construída sobre todo para o alumnado de áreas rurais ou vilegas pero cun discurso xeneralmente aplicable a contextos urbanos.
É moi recomendable a lectura do repaso que se fai á historia dos ENDL xa que un importante paso para potenciar o traballos dos Equipos é tamén o orgullo por formar parte da construción dun proxecto ilusionante que consolide unha sociedade menos hipócrita e máis xusta e realista. Nas sucesivas epígrafes podemos comprobar, unha e outra vez, que o 2006-2010 foi o único período no que se deron pasos significativamente positivos no proceso normalizador. Con todo, chámase a atención de que nos últimos 20 anos non houbo apenas mudanza no imaxinario colectivo sobre a situación social das linguas en Galicia. Por exemplo non se asume a necesidade real do incremento e afortalamento do ensino en galego.
Cales son os pasos que debemos dar de aquí en diante? Cómpre apostar por un traballo planificado e continuado, isto é, non só reactivo frente ás agresións ao galego. Temos que desenvolver unha paisaxe que camiñe entre valores positivos, reforzando a identidade galega.
Valentina Formoso aporta unha guía de por onde deben transcurrir os vieiros da acción normalizadora. De entre eles destacaría a proposta xa adiantada no II Encontro de equipos e docentes pola normalización sobre a aprendizaxe das linguas que consiste no denomitado TIL (Tratamento Integrado das Linguas). Levamos xa tres anos coa implantación dun modelo que a Consellería de Educación dou en bautizar fraudulentamente como plurilingüe. Os nenos saen das aulas que se imparten en inglés con listas de vocabulario especializado dunha materia como ciencias naturais. Pasados dez días xa se esqueceron de todo. Pártese dunha pretensión irrealizable, un ensino gramaticista das linguas estranxeiras que se impulsou pensando que todo o alumnado vai ser catedrático de inglés cando o realista sería establecer uns obxectivos máis modestos pero alcanzables. A metodoloxía actual é un fracaso na aprendizaxe de linguas estranxeiras e un éxito na excusión do galego. No canto de aprender, divúlgase a ignorancia. A solución partiría do recoñecemento do noso feito diferencial, aprovitando as ventaxas dun bo coñecemento da lingua galega. Isto levaríanos a ter un alumnado competente en dúas linguas, e con moito camiño andado par introducírmolo na lusofonía. Desde esta perspectiva plurilingüe, tal e como demostraron diversos estudos, estaríase en mellores condicións para comenzar a construir un ensino doutras linguas estranxeiras.
Definitivamente estamos diante dunha obra que nos sinala o camiño a seguir no proxecto colectivo da normalización. Que ninguén espere atopar neste libro castelos no ar. Trátase máis ben dunha aposta para a intervención fundamentada na realidade social que nos atopamos calquera día ao baixar do autobús.
Sobre o libro
Do estigma á estima, ficha do libro en Xerais
"Hai que mudar o ensino do galego e o traballo de normalización", 22/04/2013, entrevista en Praza Pública
Do estigma á estima, 02/05/2013, por Carlos Negro, no Sermos Galiza
Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, 12/05/2013, por Inma Otero Varela na Peneira Dixital
Do estigma á estima, conversa con Valentina Formoso, 13/05/2013, entrevista a Valentina Formoso en Asociación Irimia
mércores, 29 de maio de 2013
Unha ofensa que non ten nome
por Robert Neal Baxter no Terra e Tempo:
Adiviña adiviñanza: Comeza por ‘l’ e podería ser unha variedade local da lingua tibeto-birmanesa ‘naxi’ ou tamén a pronuncia que se daría na Limia ás variedades urálicas faladas polo pobo autóctono do norte da Escandinavia…
Últimas cancións
A diversidade lingüística é unha característica fundamental da humanidade. A principal evidencia da deshumanización da civilización nas últimas décadas evidénciase na continua desaparición de linguas a unha taxa de dúas por mes. Os seguintes vídeos van cargados de tristura. Neles podemos escoitar algunhas cancións dos últimos falantes dalgunhas linguas, hoxe xa desaparecidas.
No primeiro Helen e Bobby Hogg cantan en cromarty, unha lingua escocesa. O seu último falante foi Bobby, morreu en outubro do 2012.
Boa Sr era a última superviviente dos Bo.
No seguinte vídeo Lydia Bolxoeva, é unha dos menos de 40 falantes da lingua Tofa, tamén nos canta unha triste canción:

martes, 28 de maio de 2013
Sermos Rosalía
por Moncho do Orzán, no Sermos Galiza:
Nasin cand'as prantas nasen,
no mes das froles nasin,
nunh'alborada mainíña,
nunh'alborada d'abril.
Anquanto la lhéngua fur cantada.
Cando se fai un repaso dos estados e as linguas de Europa compróbase como é prácticamente imposible atopar ningún monolingüe. Velaí que a un caso como o do galego é do máis frecuente no continente.
Se quixéramos buscar o raro, o estraño, andaríamos á procura dun estado no que só se falara unha lingua. Moitas veces ponse como exemplo o caso do veciño Portugal. Estaríamos errrados pois esqueceríamonos do mirandés, unha lingua con pouco máis de 1000 entradas na Wikipedia e á que se adica este fermoso filme de João Botelho integrado na triologia dedicada a Trás-os-Montes. Com Gabriel Gomes (Ex-Madredeus e Sétima Legião) e Catarina Wallenstein. Inclue tamém unhaa breve aparición do grupo mirandés Galandum Galundaina.
Así comenza a película:
Andei anos ao fio com a língua entalada para a obrigar a sair do seu caminho e ter de pensar antes de dizer as palabras certas: uma língua nasceu-me e comi-a em merendas e bebi-a em fontes e riachos;...
Agora cómpre premer no play.
Vía EDILINGAIRMAU
luns, 27 de maio de 2013
Quédome co futuro
por Susana Méndez, no Sermos Galiza:
De todas as imaxes que puidemos ver o pasado día 17 de maio, día da nosa lingua, eu quédome coa máis esperanzadora, aquela que nos amosa o futuro.
domingo, 26 de maio de 2013
A Galipedia explicános como navegar en galego
Todo navegador incorpora unha lingua como predeterminada. Esta vai ser a lingua que teña prioridade á hora de navegar pola rede.
Para que os navegadores presenten preferentemente as entradas da Galipedia, a posibilidade de descarga e acceso a materiais en galego, cómpre telo configurado co galego como lingua de preferencia. Neste mesmo blogue xa fixéramos referencia a unha ferramenta que nos explica como facelo nos navegadores Chrome, Firefox e Explorer: o blogue navega en galego. Mesmo aquí na columna da dereita temos un acceso directo a esta aplicación.
Agora presento unha páxina, precisamente da Galipedia, na que se explica o mesmo nunha maior variedade de navegadores. Ademais dos anteriormente citados están Aora, Konkeror, Opera e Safari.
O que realmente compría, sería que as computadoras que nos venderan viñeran coa pre-configuración nos navegadores na nosa lingua. Deste xeito, os que navegamos en galego somos unha especie de obxectores ao sistema imposto. Para facer isto realidade compría unha outra política lingüística, que a Xunta se preocupara realmente sobre o asunto e que se estableceran leis de consumo que garantiran a protección da nosa lingua.
Polo de agora temos o de sempre. Centos de leis que protexen a lingua hexemónica: o castelán.
Vía Chuza!

sábado, 25 de maio de 2013
Labios de Babel
«Inspireime na incrible diversidade de idiomas que a industria da moda, especialmente as modelos, traen á cidade de Nova York. Filmei 50 modelos de todo o mundo dicindo 50 trabalinguas diferentes orixinarios das súas culturas», di Ella Muliarchyk, a autora de Lips of Babel (Labios de Babel), un curioso anuncio publicitario para o portal de moda Motilo
É unha orixinal forma de poñer en evidencia a diversidade lingüística. Os trabalinguas sonj unha boas escolla pois presentan as linguas desde un punto de vista lúdico e simpático, e aínda que o panorama sociolingüístico do arredor é estarrecedor, nunca está de sobra recordar que se temos lingua, non é para maltratala, senón para desfrutar dela.
Vía o lúdico blogue Xogos de lingua
venres, 24 de maio de 2013
17 de maio nunha lavandaría
Cada 17 de maio volve, xunto co Día das Letras, a polémica sobre se debería seguir sendo festivo. Unha das cuestións máis debatidas consiste en que se desvirtúa a conmemoración da data por ser aproveitada por moita xente para ir de vacacións, ou pasar o día na praia no canto de participar nos múltiples actos que se organizan para esa data.
Moitas veces, como é o caso, é mellor ver o asunto desde certa distancia. Este ano un grupo moi numeroso da comunidade galega en Londres acudiu á xuntanza proposta polo grupo facebook Galegos morriñentos en Londres para celebrar as Letras Galegas. E unha das iniciativas que se levou a cabo foi este recital poético na Portobello Launderette.
No vídeo temosunha pequena mostra dun recital que se celebrou nunha lavandería, todo un exemplo de sentimento identitario, perdido en máis ocasións das que quixéramos, na propia terra.
Vía Fala Londres
xoves, 23 de maio de 2013
Salvemos o galego!
por Xosé Manuel Baños García, en Terra e Tempo:
O día 17 de maio percorríamos as rúas de Santiago de Compostela na defensa do noso idioma, o galego, porque non queremos ser estranxeiras na nosa terra; tan simple como iso. A agresión ao idioma galego chega a ser tan abafante que xa consideramos normal que se poida dar clases de física e química en inglés e non en galego, o noso idioma propio. É tan esgotadora a nosa loita, que até un feito case insignificante como a rotulación dun sinal de tráfico é importante na normalización do noso idioma; insignificante si, pero sintomática do grao de anormalidade no que vivimos.
OO
OO ou "Operación Ordes" é o concurso de novos talentos musicais dos centros escolares da comarca de Ordes: IES nº1 de Ordes, IES Maruxa Mallo, CPI Trazo, CPI Pontecarreira, CEIP Castelao e CEIP Campomaior .
Cun total de 57 alumnas e alumnos e catorce grupos/solistas participantes na primeira fase, é unha iniciativa exitosa máis dos Equipos de Normalización. Deixo por aquí o grupo dos participante máis novos. Podemos velos todos aquí.
Vía Sermos Galiza
mércores, 22 de maio de 2013
Plurilingüismo vs Normalización
por Mercedes Queixas Zas, nas Voces de Prolingua:
Viaxo en tren á casa camiño desa Compostela para min sempre de ida e volta. Unha xornada completa a escoitar palabras, testemuños, experiencias colectivas que falan de vida escolar e linguas, porque pouco antes concluían os XIV Encontros para a normalización lingüística, un foro referencial de análise, reflexión e debate ao redor da evolución sociolingüística do país, que dirixiran este ano a súa focaxe cara as luces e sombras deitadas, transcorridos xa trinta anos da aprobación por unanimidade da Lei de normalización lingüística.
Estilística da lingua galega
por Mercedes Queixas Zas, no Sermos Galiza:
Estilística da lingua galega é o recente título editado que compendia, máis unha vez, o ímprobo esforzo de estudo e análise investigadora que o profesor da Facultade de Filoloxía da UDC, Xosé Ramón Freixeiro Mato, dedica á lingua galega.
Un accidente por culpa do galego (a realidade supera a ficción, e non vos riades)
por Xosé Mª. Lema, no Sermos Galiza:
Hai anos, cando o tan criticado bipartito de Touriño e Quintana gobernaba Galicia e se dera inicio desde medios xornalísticos madrileños á campaña contra “la imposición del gallego” que, logo, dunha maneira tan seguidista fora secundada por certos comentaristas dos nosos xornais, quen subscribe publicara un artigo irónico titulado (en castelán) “Un accidente por culpa del gallego”. Parodiando o castelán de Galicia –o auténtico castrapo- contaba que un meu familiar tivera un accidente por culpa dos sinais inintelixibles que algúns concellos empezaban a poñer en galego, e dicía: “Iba mi hijiño con su bicicleta a todo dar por una carretera secundaria y, al llegar al cruce con la principal, no dio entendido una señal de tráfico que estaba rotulada en gallego ‘Ceda o paso’ –en vez del castellano ‘Ceda el paso’-, el pobriño no se detuvo y se fue esnafrar contra un coche que por allí pasaba. Mi filliño hubo de morir del golpe, pero afortunadamente no pasó nada e se dio recuperado rapidiño, rapidiño, pues solo tenía un croque en la cabeza. Pero bueno, ahí queda la denuncia: por la manía esa del gallego tuvo ese lamentable accidente”.
Por unha nova idea de lusofonía
por Xabier Ron na Praza Pública:
A cidadanía galega quere achegarse ao mundo lusófono. Ter unha relación máis fraterna coa lingua portuguesa. Polo menos, iso demostran os milleiros de sinaturas que apoiaron a Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade, tomada en consideración, como di o argot parlamentario, polos catros grupos da Cámara a pasada semana. Pero teñamos coidado cos prexuízos e cos conceptos lingüísticos tratados de forma acientífica ou ideoloxizada. Fuxamos dos esencialismos e dos reducionismos que prescinden da complexa realidade da que falamos.
Teñamos coidado cos prexuízos e cos conceptos lingüísticos tratados de forma acientífica ou ideoloxizada. Fuxamos dos esencialismos e dos reducionismos que prescinden da complexa realidade da que falamos
Roberto Vidal Bolaño: o legado do pasado, e a rebeldía para o futuro
O primeiro dos vídeos foi emitido no programa da TVG, Reporteiros: moi correcto, moi institucional, incluso aparece xente que non ten ningunha relación co teatro, e polo tanto, que non se sabe que pinta nunha reportaxe sobre Vidal Bolaño.
O segundo dos vídeos é o bo. Fermosísimo polo cariño co que foi elaborado. É o que nos explica de verdade quen foi Roberto Vidal Bolaño. É un traballo do grupo audiovisual do Club do Antifás (IES A Cachada de Boiro) que nos achega ao dramaturgo dende unha perspectiva familiar, profesional e cercana. Tal e como se comenta na presentación do vídeo, daremos un paseo pola súa forma de ser, de traballar e de pensar da man de Roi Vidal, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Xesús Ron, César Goldi e Camilo Franco, que no seu momento coñeceron e compartiron variados momentos con Roberto.
martes, 21 de maio de 2013
De blogues.10
Nova lista de ligazóns recollidas na arañeira.
Decpción e cabreo telefónico, 10/03/2012, en Neofalante
Declárome sospeitoso, 10/02/2012, en Neofalante
Estamos cheos de @masaenfurecidas reais, 09/04/2013, por Iván Méndez en Éche o que hai...
Os tempos sombríos han quedar atrás, 30/04/2013, por Agustín Fernández Paz no seu portal
Onte 602: O galego do estigma á estima, 03/05/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Virán Xesús Alonso Montero e Valentín García?, 10/05/2013, Carlos Callón comenta no seu bloque un capítulo máis do nefando caso do declarado inimigo do galego Fraga Mandián.
Que Academia precisamos, por Mercedes Queixas Zas, 12/05/2013, no seu blogue
Alonso Montero e a nai de Otero Pedraio, 13/05/2013, na Ferradura en tránsito de X. M. Eyré
Onte 613: O esencial na defensa da lingua, 14/05/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Onte 614: ILP Valentín Paz Andrade, 15/05/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Onte 618: A LOMCE e o orgullo patrio,19/05/2013 por Manuel Bragado, en Brétemas
A LOMCE e o futuro da escola pública, 20/05/2013, por ¨Manuel Bragado en Brétemas
Aquí Roberto Vidal Bolaño, aquí o pobo, aquí un inimigo, 20/05/2013, por Fran P. Lorenzo no blogue Un país en lata

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)