No facebook de ProLingua do pasado 11 de marzo Adrián Blanco expuña unha dúbida sobre o topónimo A Coruña e preguntaba“por que non se usa a palabra A Cruña coma forma oficial?”.
Pedímoslle a Adrián desculpas por contestármoslle con demora a súa pregunta, que moito agradecemos. O motivo débese, fundamentalmente, a que queriamos obter información de persoas que estiveron na Comisión de Toponimia e que ditaminaron que fose A Coruña a forma oficializada. Como isto se aprobou hai xa un bo quiñón de anos, non lembran agora moi ben os criterios, pero si o esencial, que tratamos de resumir.
Cruña é a forma máis documentada nos textos do galego medieval, como tamén o é no galego escrito moderno; con todo, a forma Coruña xa se rexistra en textos medievais e nos textos modernos ten case a mesma frecuencia e antigüidade que Cruña.
Neste dobrete non se pode discriminar unha forma da outra por ser Coruña castelá e Cruña galega, porque os dous resultados son posibles no galego, como o eran crónica e corónica, aínda que a anaptixe da vogal é esporádica e non sistemática. Nestes casos a Comisión de Toponimia adoitou oficializar as formas que viñan sendo habituais nos nomenclátores, porque cambialas supuña modificar un hábito, aínda que, en principio, tal cambio non era mao.
Ademais, Coruña ten dúas acepcións, unha é o nome do concello, sobre o que ten xurisdición a Xunta; e outra é o nome da provincia, que é xurisdición do Estado. Tendo isto en conta seguramente lles pareceu no seu día aos membros da Comisión de Toponimia que non era pertinente que durante un tempo, polo menos, houbese unha Cruña (concello, oficial da Xunta) e unha Coruña (provincia, oficial do Parlamento español).
É indubidable que o criterio que a Comisión de Toponimia aplicou neste caso choca con outro que se adoitaba aplicar: de dúas formas concorrentes debe preferirse a que se achegue máis a forma etimolóxica. Como neste caso o étimo parece ser CLUNIA, o máis etimolóxico é Cruña; porén, a forma Coruña non é ningún castelanismo.
Quen queira ter información sobre os topónimos de Galicia (e das comarcas estremeiras) recomendamos que se dirixa ao Seminario de Onomástica da Real Academia Galega.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
mércores, 19 de marzo de 2014
¿A Cruña ou A Coruña?
pola Cerna de Prolingua nas Voces de Prolingua:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario