Hai algunhas ideas presentes nesa nube que é a ideoloxía social que sempre aparecen para atacar as propostas normalizadoras. Quen non ten oído, repetida unha e mil veces, a matrácola de que o galego nos sae caro ou que está (ultra)subvencioado? Pois ben, como se fomenta este prexuízo?
No seguinte exemplo veremos como a Consellería de Educación promove sibilinamente a falsa idea de que gastamos os cartos que nos faltan en actividades que teñen que ver coa lingua galega, porén o castelán sáenos gratis.
Se repasamos as notas de prensa que emitiu a Consellería de Educación sobre a Fundación Rosalía, agás un par ([1] e [2]) de presentacións ás que fan referencia pola presenza do político de turno, comprobaremos que procuran obsesivamente informarnos das cantidades que se lles asigna á entidade:
15/07/13: A Consellería asinou este ano un convenio coa entidade [Fundación Rosalía de Castro] por un importe de 60.000 euros
07/01/14: A Consellería de Cultura e Educación investiu 200.000 euros na rehabilitación da casa onde viviu a poetisa galega os derradeiros anos da súa vida. [Fundación Rosalía de Castro]
22/03/14: Xesús Vázquez Abad asinou un novo convenio de colaboración coa entidade [Fundación Rosalía de Castro] que inclúe un orzamento de 26.000 euros destinados á difusión, estudo e conservación da obra de Rosalía de Castro
Pola contra, as noticias sobre a Fundación Camilo José Cela non teñen ningunha referencia aos custes que xeneran. Tamén chama a atención que a cantidade de anuncios relativos ás actividades da Funcación Cela sexa máis do dobre que as que atopamos nas notas da Consellería de Educación facendo mención da Fundación Rosalía, sobre todo nun momento en que a actividade social arredor da obra da escritora de Padrón foi enorme. Posiblemente isto teña moito que ver cunha toma de postura política: a de minimizar a función de Rosalía de Castro na sociedade galega; lembremos que esta mesma consellería retirou do "Calendario do Libro e da Lectura 2014", negouse a asumir no 2013 a conmemoración do Día de Rosalía, vetado xa o ano anterior polo goberno da Xunta.
04/07/13: Cultura e Educación, a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, presenta a exposición `La Ría de Vigo, en Imágenes’, e inaugura o horario de verán no Museo de Iria Flavia [sen referencia económica]
01/08/13: A Consellería de Cultura e Educación pon en marcha unha campaña para incentivar aos peregrinos a que se acheguen á fundación Camilo José Cela de Padrón [sen referencia económica]
12/09/13: Cultura e Educación a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela amplía ata finais de setembro a exposición “La Ría de Vigo, en imágenes” [sen referencia económica]
14/10/13: Cultura e educación a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela abre as súas portas a profesorado e monitores de tempo libre [sen referencia económica]
15/10/13: A Fundación Pública Galega Camilo José Cela celebra o tricentenario da Real Academia Española a través da mostra “Unas barbas en la Academia, la RAE en el legado de Camilo José cela”[sen referencia económica]
23/12/13: Cultura e Educación organiza unha nova edición do talleres de Nadal para familias na Fundación Pública Galega Camilo José Cela [sen referencia económica]
17/01/14: Programación Escolar 2013-2014 da Fundación Pública Galega Camilo José Cela. [sen referncia económica]
14/02/14: Cultura e Educación a través da Fundación Cela leva preto de 60 obras de pintura española contemporánea da colección da institución padronesa ao sexto edificio do Museo de Pontevedra [Sen referencia económica]
24/01/04: III Concurso de Microrrelatos Fundación Camilo José Cela. [Sen referencia económica]
27/02/14: Cultura e Educación afonda na vinculación de Camilo José Cela co cine a través da exposición ‘CJC, un novelista na pantalla’ [Sen referencia económica]
21/02/14:Cultura e Educación conmemora o centenario da obra “Platero y yo” cunha exposición monográfica. [sobre esta e outras actividades gratuítas]
17/01/14: Cultura e Educación recorda ao nobel Camilo José Cela no XII aniversario do seu pasamento a través do concurso de microrelatos da súa fundación [sen referencia económica]
Apenas temos noticia das fraudes cometidas pola Fundación Camilo José Cela, pero podemos seguir lendo novas recientes sobre a curiosa donación que o ex-director da Fundación fixo a un museo de automóviles de Salamanca dun Jaguar S-Type que pertencera a Cela.
Non sabemos a cantidade total dos cartos que a Xunta, as deputacións e o Concello de Padrón, destinan a unha fundación que practica a exclusión do galego. Sabemos que, convenios a parte, a cifra anda polos 332.294 €. Céntimo a céntimo, sacado do peto dos galegos para promover a ultra-instalación do español nunha terra cada vez máis necesitada de Rosalía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario