Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 25 de marzo de 2014

Lonxa na rede



Lonxa na rede é unha central de poxas online na que permitirá ao sector comercializador mercar polbo capturado nas confrarías de Fisterra, Corcubión, Lira, Muros, Pindo e Porto do Son.
Xunto a esta inicitiva temos outra, a da comercialización da marca Polbo de lonxa, unha marca que quer ser unha garantía de calidade ante os consumidores. Parece unha boa idea para reactivar un sector que carga con mil dificultades.

O malo de todo isto é a secundarización, outra vez, á que se ve sometido o galego. Xa de primeiras o acceso é mediante a dirección http://www.lonjaenlared.com/gl/.
En segundo lugar, é demasiado redundante ter unha aplicación en galego e ao mesmo tempo en castelán, se só vai ser usado pola comarca fisterrá. Un exemplo máis do caro que nos sale a sobreabundancia do español. Era necesario?
En terceiro lugar, no anuncio da marca Polbo de lonxa xa se nos avisa de que a marca é "Pulpo de lonja", ou mesmo que o (verdadeiro?) nome da inicitiva é "Lonja en la red". Sabendo como é a situación social da lingua galega, cargada de prexuízos, un pequeno paso adiante sería dispoñer desta plataforma en galego pois, ou moito me equivoco, ou unha gran parte dos seus usuarios, polo aquel de asociar o galego a determinadas funcións, non van facer uso da opción secundarizada, da que emprega o galego. Chegados a este punto, eu xa ando mosqueado, e estou por apostar que estou vendo re-editada a historia do Gallega 100% (o de gallega é referido ao leite)
Unha cuarta anotación. Todos nos podemos decatar de que una aposta desta plataforma polo galego serviría para darlle valor de realidade e verosimilitude ao produto Polbo de lonxa e a un tempo permitiría dar a coñecer tanto aos foráneos como aos do Carballiño o  nome que os galegos lle demos ao octopus vulgaris.
En quinto lugar, a entidade que xestiona estas iniciativas identifícase como Agrupación de Interese Económico *Finisterre Sur Pesca
Un sexto apuntameno. Non se deixa dúbida de que a lingua de partida da plataforma é o español. Nesa lingua veñen redactadas as novas e, se cadra, aparecen mal traducidas ao galego. Como exemplo esta referencia: "Catro barcos capturan trinta e catro toneladas de lubina" [sic].
Por último, o corpo desta noticia xa nin en galego aparece.

Ningún comentario:

Publicar un comentario