Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores 19 marzo 2014

Lingua estranxeira para a Consellería de Educación

O pasado 12/03/14, por medio dun chío de J.J. Rodríguez, chegábame a noticia de que desde a perspectiva da Xunta, o galego é unha lingua estranxeira. Polo menos así aparecía ese día como etiqueta dun anuncio dos agora polémicos cursos Celga.
Un par de días despois reproducían a noticia desde a Confederación de Anpas.

O conto non tería moito que comentar... se a política lingüística da Xunta fose moi outra. O que non nos estraña xa é a identificación da Xunta co desprezo da lingua galega, por algo será.
Neste erro (?) o que vemos é un retrato da súa forma de actuar respecto da nosa lingua, que polo que se ve, non é a deles. Nós, os que falamos galego, somos de facto os estranxeiros na nosa patria, somos os que, sen lar nin arrrimo,  contemplamos as palabras da nosa lingua  como se fosen lumes fuxitivos esvaéndose nesta podremia pantanosa.



5 comentarios:

  1. Agora (non era sen tempo) xa está arranxado ata o do arquivo de etiquetas. Iso si, resposta, rien de rien. Tampouco contaba...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa o sabía, mesmo ti o comentaras no twitter.
      A cousa non tería moito que comentar se non fose pola actitude que se demostra desde a Xunta con respecto do galego. Un exemplo: este luns entrevistaron á Conselleira de Pesca en VTelevisión. En que lingua se desenvolveu a entrevista? Como lle chamaba a conselleira á xarda?

      Eliminar
    2. Podía ser peor, podía terlle chamado jarda*

      Eliminar
    3. Niso tes toda a razón.

      Eliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar