Un par de días despois reproducían a noticia desde a Confederación de Anpas.
O conto non tería moito que comentar... se a política lingüística da Xunta fose moi outra. O que non nos estraña xa é a identificación da Xunta co desprezo da lingua galega, por algo será.
Neste erro (?) o que vemos é un retrato da súa forma de actuar respecto da nosa lingua, que polo que se ve, non é a deles. Nós, os que falamos galego, somos de facto os estranxeiros na nosa patria, somos os que, sen lar nin arrrimo, contemplamos as palabras da nosa lingua como se fosen lumes fuxitivos esvaéndose nesta podremia pantanosa.
Agora (non era sen tempo) xa está arranxado ata o do arquivo de etiquetas. Iso si, resposta, rien de rien. Tampouco contaba...
ResponderEliminarXa o sabía, mesmo ti o comentaras no twitter.
EliminarA cousa non tería moito que comentar se non fose pola actitude que se demostra desde a Xunta con respecto do galego. Un exemplo: este luns entrevistaron á Conselleira de Pesca en VTelevisión. En que lingua se desenvolveu a entrevista? Como lle chamaba a conselleira á xarda?
Podía ser peor, podía terlle chamado jarda*
EliminarNiso tes toda a razón.
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar