Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 23 de marzo de 2014

Nós cantar cantamos

No transcurso deste último mes no apartado da columna da dereita reservado para as novas dos blogues foron aparecendo nas Ferreiras e na Marela Tarabela a mesma serie de fermosísimos carteis realizados nas aulas do IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín).
36 escritoras, 36 poemas e 36 carteis seguindo o ronsel de Rosalía de Castro foron publicándose neses dous blogues e encheron os expositores do IES Ramón Mª Aller e do IES Pintor Colmeiro (Silleda), ligando o Día de Rosalía co Día da Poesía.

Xela Arias, Luz Pozo Garza, Lucía Novas, Emma Couceiro, Estíbaliz Espinosa, Elvira Riveiro Tobío, María do Carme Kukenberg, Pilar Beiro, Pilar Pallarés, Pilar Cibreiro, Ana Romaní, Helena de Carlos, Yolanda Castaño, Marica Campo, Antía Otero, Oriana Méndez, Rosalía Fernández Rial, Lorena Souto, Olalla Cociña, Rosa Méndez Ponte, Helena Villar Janeiro, Olga Novo, Alba Payo Froiz, Chus Pato, Medos Romero, Eva González Blanco, Xohana Torres, Dulce María López Rivera, María Mariño e Marta Dacosta Alonso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario