Como cho digo é outra boa idea da CTNL. Trátase dunha campaña para a visibilización do galego nos medios. Calquera persoa ou entidade pode sumarse e recibirá unha declaración personalizada que pode entregar aos medios no caso de participar en calquera evento noticiable.
Isto lémbrame unha iniciativa da NASA que entre os anos 2009 e 2011 abriu a posibilidade a que todo o mundo enviara o seu nome a unha base de datos que se enviaría na nave Curiosity. De volta a NASA mandábache un certificado que indicaba que o nome desa persoa se gardaba nun microchip da nave-laboratorio que percorreu a superficie marciana.
Neste caso, para polo menos, sentírmonos un pouco menos extraterrestres, se nos sumamos á inicitiva da CTNL, obteremos unha declaración que comenza así:
Declaro
Que me gustaría que o galego se visibilizase máis na prensa e que, polo tanto, cando me
expreso en galego, se as miñas declaracións son recollidas en medios de comunicación do
país, estas se reflictan e difundan en lingua galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario