Gústame De Vacas, gústame Nova Galega de Danza, de aí que tamén me guste o spot de Vegalsa Eroski. Unha aposta orixinal, innovadora e que se enorgullece, promociona e visibiliza proxectos culturais da terra. Tamén me gusta desta cadea que teña a rotulación en moitos dos seu comercios en galego e que tamén sexa a súa lingua base no seu perfil de facebook.
Mágoa (por que sempre ten que haber unha?) que o portal desta cadea de supermercados exclúa o galego, mágoa que a política de rotulación non se estenda a todos os comercios nin a todas as súas publicacións.
Velaquí a carta de presentación desta campaña:
A ver se fora certo. Espero que apostedes por iso.
Velaquí a carta de presentación desta campaña:
Todos os que formamos a gran familia de Vegalsa-Eroski queremos desexarvos un bo nadal. Gústannos estas festas, e este ano ímolas a celebrar con De Vacas, Nova Galega de Danza e, por suposto, con todos vós.
En Vegalsa-Eroski apostamos pola cultura, por unha creatividade que propoña e cultive novas formas de ser, de facer e de entender Galicia e o mundo.
Únete á festa! #déixatelevar Vegalsa Eroski, un novo xeito de facer Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario