O escritor Miro Villar, autor do blogue As crebas, foi entrevistado por Noelia Casas, Silvia Criado e Nazaret Fernández alumnas da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
Cal é o verdadeiro estado da lingua galega na actualidade? Que podemos esperar do futuro do noso idioma? Que se pode facer desde as aulas para frear a perda de falantes? E desde as institucións? Como pode implicarse a mocidade na defensa da lingua? Todas estas cuestións, xunto coa valoración do papel da RAG na normalización ou da súa propia obra literaria, foron tratadas por Miro Villar nesta máis que interesante entrevista que debeu ser feita no medio dos peores momentos dun temporal ben forte.
Puxen o vídeo ao comenzo da resposta sobre o papel das institucións en relación co que debería ser o seu papel fundamental, o da recuperación de falantes porque dá unha resposta clara, unha resposta que hoxe non se pode escoitar nos medios controlados e contaminados pola maquinaria institucional.
Para rematar, unha frase dun optimista: "Moita xente pequena, de lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"

Ningún comentario:
Publicar un comentario