Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 16 de decembro de 2018

XXX Premio García Barros. O trailer



Este pasado venres 14/12/18 celebrouse na Estrada a XXX edición dos Premios Manuel García Barros de novela e o concello promoveu a realización dun documental para divulgar este aniversario.  Este é o trailer do mesmo, e polo que podemos ver, promete moito.
Seica o acto, cunha lúcida intervención da premiada deste ano, Ana Cabaleiro, apelando a un discurso de reivindicación da lingua e do papel da muller, foi dos que se deben recordar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario