O Laboratorio de Apoderamento Lingüístico, premiado na edición 2023 da Primavera das Letras da CTNL, é un proxecto piloto de dinamización do uso da lingua e de xestión do conflito lingüístico, promovido pola cooperativa Rexenerando.
O laboratorio integra metodoloxías de innovación social para a sensibilización sobre a diversiade lingüística e a abordaxe do conflito lingüístico coa finalidade última de activar unha rede de mozas e mozos comprometidos coa lingua, que actúen como axentes de mediación no conflito lingüístico e activación de falantes entre iguais.
A primeira edición desenvolveuse en Ferrolterra, coa participación de catro centros de ensino da comarca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario