A dimisión de Daniel Chapela, coordinador da Comisión de Cultura do PP, foi unha das máis importantes noticias deste mes de novembro. Recollemos aquí a entrevista que lle fan na canle Noticias Dispersas na que critica a política lingüística do seu partido. Entre outras cousas destaca que no IES no que el estudou, o IES Johan Carballeira de Bueu, cuns 1000 alumnos, non hai hoxe en día ningún alumno que fale en galego. Por estas, e outras razóns, avoga por derrogar do decreto 79/2010 de prohibición do galego no ensino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario