Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 20 de agosto de 2012

As leccións de Avelino Pousa Antelo

Foisenos Avelino Pousa Antelo cos seus mozos 98 anos.
Pídeme o corpo lembrar algún dos momentos máis importantes de reivindicación da lingua de noso, verdadeiras leccións que cómpre non esquencer nunca. Máis aínda se temos en conta que son todas dun home, que xa tiña polo menos 95 anos nas súas sempre lúcidas ideas.
Quen pode esquencer o emocionante momento que representou o seu discurso na manifestación do 18 de outubro do 2009? Lembremos que o acto fora motivado para protestar contra o funesto decreto chamado de plurilingüismo.
Algunhas palabras da súa intervención na Quintana: "Que temblen os arrecastados, que temblen os que se negan a sí mesmos, que temblen eses que pensan que poden dispoñer da liberdade e da dignidade dos galegos, que é algo sagrado. Eu citaría unha frase de Castelao no seu primeiro discurso nas Cortes Constituíntes. Foi o 18 de setembro de 1931:se os galegos aínda somos galegos, é por obra e gracia da nosa lingua, e temos que defendenla.... A miña consgina é a que foi toda a miña vida: hai que seguir!"



Este segundo momento recolle a intervención de Avelino na súa última colaboración na Estrada, invitado pola Asociación Cultural Vagalumes. Neste caso tratábase de celebrar o 125 aniversario do nacemento de Castelao, figura  á que Pousa Antelo foi sempre fiel, desde que o coñecera nun mitin no Teatro Principal de Compostela. Mellor escoitalo a el:



Neste terceiro vídeo, témolo  na presentación das 30.000 sinaturas da ILP, como sempre, na defensa da nosa lingua:

2 comentarios:

  1. Emocionoume escoitar a Pousa Antelo na Quintana, por primeira e derradeira vez. Mágoa que lle cortaran un pouco súpeta a fala. Lembroume a meus pai, xa finado. O derradeiro libro que lle agasallei foi Galicia, tarefa urxente do Avelino. Meu pai tamén apoiou o cooperativismo naquela longa noite de pedra.

    ResponderEliminar
  2. Comparto a túa emoción ao escoitar a Avelino na Quintana. Foi un dos momentos máis destacables na historia das manifestacións de Queremos Galego

    ResponderEliminar