O máis que interesante documental 'Entre línguas' de João Aveledo, Eduardo Maragoto e Vanesa Vila-Verde xa foi noticia neste blogue no seu dia. Se agora volvo sobre el é sobre todo para informar que tamén o podemos ver desde o repositorio de películas Canle TV xunto a unha serie doutros seis documentais que dan unha suma total de máis de dúas horas e media facendo un percorrido beireando a fronteira portuguesa entre Zamora e Badaxoz.
Gostaría de embeber neste post, por exemplo o documental desta serie no que o profesor Henrique Costas ten a ben comentar para este traballo, porén non é posible facelo. Así que se queremos ver estas curtas non nos queda outra que ir ao web de Canle TV. Cando atopo estes atrancos moito me acordo de Flocos!
Ademais do xa referido 'Entre línguas', os vídeos que podemos ver son Alcântara, Almedilha, Calabor, Olivença e Xalma
Ningún comentario:
Publicar un comentario