Da TVG |
Feijóo ten un encontro cun representante do estranxeiro, neste caso tratouse do embaixador Kazuhiko Koshikawa. Como o presidente galego despreza a lingua galega, non fala en galego. Como o presidente galego despreza aos galegos, na súa mente alleeira, non se dirixe a eles. Como entende que a nosa lingua é de segunda categoría, expatría o galego aos caborcos de ningures. Pero desta vez recollérono as cámaras e, a pesar de todos os filtros, poidemos ver pola TVG unha noticia ben distista á que nos contaban. Falaban Feijóo e Kazuhiko Koshikawa.
O diálogo, pouco máis ou menos foi o seguinte:
-Espero que as relacións que xurdan destes camiños se traduzan nun maior entendemento e amizade entre españois e xaponeses- dixo Kazuhiko Koshikawa.
-Tengo el compromiso con el príncipe Naruhito de remitirle pimientos de padrón a palacio, y en consecuencia yo le voy a dar traslado de unas bolsas de esos pimientos - comentou Feijóo. Non estou facendo broma, óese ben no vídeo da TVG.
Isto faime lembrar unha ocasión na que Bruce Sprinsgsteen tivo un concerto en Santiago e que La Voz de Galicia poñía como titular que o cantante norteamericano se dirixira en galego ao público. Cantas veces foi Rajoy a facerse a foto a Soutomaior? Dixo nalgunha ocasión algunha palabra en galego?
Entón, cal é a política lingüística que podemos esperar?
P.D.: Xa hai quen elaborou un vídeo co asunto:
Ningún comentario:
Publicar un comentario