Espectacular. Este primeiro é o vídeo gañador, na categoría de educación secundaria e bacharelato, do concurso de vídeo do Correlingua 2018, a lingua non para!, . Os creadores desta proposta foron os alumnos da ESO do CPR Seminario Menor a Inmaculada (Ourense), que puxeron en audiovisual un retallo do inmorrente Sempre en Galiza, de Castelao.
O segundo que presentamos aquí é o gañador na categoría de educación infantil e primaria. Este vídeo foi feito polo alumnado de 5ºA do CEIP Ramón Cabanillas (Santiago de Compostela).
P.S.: A organización do Correlingua tamén otorgou o premio ao Manifesto: 3ºC do IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela). A súa proposta, Rapea, que a lingua non para!, abrirá todas as festas finais do Correlingua 2018.
A Banda Deseñad gañadora foi a de 5ºB do CEIP Albeiros (Lugo)- A súa banda deseñada titúlase De viaxe por Galicia. A lingua non para.
Ningún comentario:
Publicar un comentario