Este pasado venres 20/04/18 déronse os premios Youtubeir@s 2018 nunha gala celebrada no Teatro Colón da Coruña. Unha festa da lingua que se espalla polas redes. Seguramente o seu éxito debeuse a que a SXPL non meteu as súas gadoupas nela. Espero que continúe contabilizando éxitos e teña longa vida.
Como cabeceira desta entrada comparto un dos vídeos premiados. Velaquí a relación completa
Como cabeceira desta entrada comparto un dos vídeos premiados. Velaquí a relación completa
- O premio ao mellor vídeopinarmos foi para Xacobo de Toro polo vídeo “A expedición Balmis e a vitoria da vacinación”
- O premio á mellor canle foi para Nubes baixo ti
- Premio á creatividade “Os cazapantasmas video-facermos” de Moustache Media Producciones
- Premio á eficiencia comunicativa “O Galego fermoso (e o que non o é tanto)” de Aquel-e
- Premio ao mellor vídeo-facermos “Como escaquearse dunha comida familiar” de As Cousas do Choio
- Premio á calidade lingüística para "Reivindicación oceánica¡¡¡" de Xosé Iglesias
- Proposta youtubeira foi para "Como dar cartos ás agachadas" de As Cousas do Choio
Ningún comentario:
Publicar un comentario