"Só o 19% dos adolescentes estradenses fala en galego habirtualmente", este é un titular que publicaba o Xornal da Estrada hai poucos días. Ese foi o resultado dun estudo feito en dous dos tres centros de ensino secundario da vila, pois non tiveron en conta o instituto no que eu traballo, o IES Antón Losada.
Canda esta publicación tamén subiron o vídeo que encabeza a entrada no que, alén de explicar os resultados obtidos, entrevistan a profesorado do IES Manuel García Barros e do IES nº1 así como a Pablo Chichas, de Radio Estrada, e Gabriel García Calvo (@gagiig8) un profesor de infantil, pero sobre todo, un creador de contidos en tik tok, instagram e todo tipo de redes sociais.
Entre outras cousas vemos un declive continuo do uso do galego na mocidade e, en xeral, unha falta de transmisión da lingua. Cabe preguntarse canta responsabilidade ten a política lingüística da Xunta nesta desfeita. Non pode ser cativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario