Editorial de Nós Diario:
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
xoves, 18 de xuño de 2020
sábado, 13 de xuño de 2020
Memorias dun adolescente
O autor deste rap é Xosé Maseda Calvo, o alumno co mellor expediente en 2º de bacharelato do IES Vilar Ponte (Viveiro)
onde o alumno explica o poder normalizador da música:" sendo pequeno unha vez puxeron unha canción de Dios ke te crew, un grupo galego. Flipei!
"
mércores, 10 de xuño de 2020
Aniquilación da normalización lingüística
Cando o pasado 23 de maio a Consellería de Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) , presentaba o "novo fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021" (FX21) eu comencei a osmar que algo non cadraba. No acto infórmase que se trata dun proxecto saído da crise da COVID-19 que pretende reactivar tanto o sector cultural como o turístico. Entón, que pintaba aí a SXPL?
Cando se publica o anuncio no portal da propia SXPL ocúltase deliberadamente que eses fondos poden ter como destino empresas do mundo da gastronomía, de organización de festas ou do sector turístico en xeral. Por que esta ocultación?
Outro aspecto destacable é que mentres a SXPL destacaba que o principal obxectivo dos FX21 é o de "dinamizar a lingua galega", a Consellaría de Turismo desentendíase do mesmo. Aínda máis, engaden que
"poderán promover igualmente o plurilingüismo sempre que se inclúa unha versión en galego ou habiliten mecanismos de subtitulado". Traduzo a neolingua: isto significa que se subvencionarán proxectos que secundaricen a lingua galega. E nisto participa a SXPL?
Pois ben, non é que participe, é que o orzamento do FX21 foi detraído na súa totalidade do orzamento adicado á promoción da lingua galega. Concretamente, neste ano 2020, case 1 de cada 5 € destinados a este fin van ser desviados para estes novos fondos. Aquí cómpre recordar que ano tras ano os gobernos de Feijóo foron acusados pola infradotación para a política lingüística. Agora este desprezo orzamentario súmase o desvío de boa parte do minguado orzamento da SXPL cun destino incerto pero baixo principios que fican ben lonxe do seu primeiro destino, a normalización.
Pódese precisar aínda máis, os 1.500 millóns dos FX21 son practicamente a totalidade do orzamento previsto para as campañas de normalización lingüística deste 2020. Isto é que significa que a resolución pola que crea o FX21 diga que a asignación do crédito para este plan é a da aplicación orzamentaria 11.40.151A.640.0. Números e códigos que ocultan unha realidade, a da dilapidación da normalización.
Despois disto, poucas posibilidades había de que os promotores e defensores da nosa lingua recibisen unha nova puñalada. Todo apunta a que mañá mesmo a van recibir. Segundo esta imaxe xa temos confirmado que a SXPL deixa sen efecto as axudas aos ENDL dos centros de ensino. A causa é a mesma pola que se desviaron os orzamentos das campañas de normalización para outros fins, a crise da COVID-19. A crise sanitaria está sendo aproveitada para aniquilar a normalización en todas as súas facetas. Merecemos isto?
domingo, 7 de xuño de 2020
O nº 3 do "Marco Numérico"
Marco Numérico é a revista de matemáticas que publica o IES do Marco do Camballón (Vila de Cruces) desde hai tres anos. O primeiro número publicouse en xuño do 2018 e a súa novidosa proposta fixo que fose noticia en varios medios como GCiencia ou Praza Pública. Neste último destacaban que a publicación nacía nun marco e prohibicións establecido polo funesto decreto 79/2010 segundo o que nin se pode impartir docencia de matemáticas en galego nin usar materiais desta materia nesa lingua. O proxecto partira das aulas dunha materia optativa de 2º de bacharelato, Métodos Estatísticos e Numéricos.
Un ano despois aparecía o segundo número, no que se lle abriu a porta a que colaborasen outros centros de ensino. Finalmente, e con puntualidade britática, temos acceso ao terceiro volume, que saiu do prelo a pesar das dificuldades derivadas da pandemia da COVID-19. Na súa presentación destácase que esta revista
quere recoller traballos de investigación realizados por alumnado de secundaria e bacharelato de centros de ensino galegos que teñan as matemáticas como eixo central
Velaquí o seu carácter distintivo entre a curta, pero gorentosa, tradición de revistas de matemáticas dos centros de ensino, (por certo, todas elas en galego; boa mostra do compromiso social do mundo do ensino fronte ao radicalismo dunha Xunta racista coa lingua de noso e os seus utentes)
Neste terceiro número, entre outros artigos, volveremos a encontrar un traballo que contribúe ao proxecto MARUMASAT, hai unha nova achega sobre a lei de Bendford, e varios estudos estatísticos sobre a distribución dos números primos.
Non quería finalizar sen darlle as grazas ao promotor deste proxecto, Xosé Díaz, non só por poñelo en pé e mantelo, senón por unha razón máis persoal que non é outra que a de que me invitara a prologar o terceiro volume do Marco Numérico.
mércores, 3 de xuño de 2020
Sobre políticas lingüísticas
por Nicolasa Castro en Nós Diario:
Para unha acertada orientación no camiño á normalidade do noso idioma, convén seguirmos os avances e retrocesos que se producen noutras linguas minorizadas e estarmos atentas ás prácticas que en materia de política lingüística poden contribuír ao aumento de falantes. Por proximidade e polo acerto nas políticas lingüísticas aplicadas, os procesos de normalización do catalán e euskara son dignos de interese.
venres, 29 de maio de 2020
A lingua e nós
por María Xosé Bravo, en Nós Diario:
“A historia do idioma galego é a historia mesma de Galiza” (Carvalho Calero)
Desde Vía Galega son moitos os aspectos da nosa realidade que son básicos para nós, e o da lingua -un dos alicerces que nos define como galegas e galegos, xa que como dixo Castelao: se aínda somos galegos é por obra e graza do idioma-, é un dos motivos de gran preocupación.
mércores, 27 de maio de 2020
Carvalho Calero
por Alberto Lema, en La Opinión:
Sería inxusto reducir a figura de Carvalho Calero á súa toma de posición final respecto da cuestión da lingua. El foi tamén o autor da que segue a ser aínda hoxe, case 60 anos despois da súa publicación, a historia da literatura de referencia das nosas letras, un estudo monumental e rigoroso sobre a evolución da literatura galega que asentou un xuízo, ás veces demasiado valorativo, certo, sobre os autores en lingua galega que aínda perdura. Carvalho Calero, en suma, é o autor do noso canon, e só por ese feito, nunha época na que imperan o solipsismo de autoconsumo e a especialización minifundista na nosa academia, sería merecente da homenaxe sempre adiada dun Día das Letras Galegas.
venres, 22 de maio de 2020
Cuncas de patria
por Henrique Harguindey Banet, en Nós Diario:
Era a fin da década de mil novecentos cincuenta. En Lugo. Os meus trece anos. Cos meus amigos andaba eu moito, no tempo das vacacións, polas costas do Parque: xogabamos á pelota e a mil cousas, subiamos aos castiñeiros de Indias, buscabamos barriñas de cuarzo transparente poliédrico... E iamos tamén polas terras das beiras, á dereita polos agros de patacas que chegaban case ao pé da Muralla, á esquerda polas encostas de campías e árbores das baixadas á Tolda.
xoves, 21 de maio de 2020
Unha Consellaría de Educación que insulta a nosa lingua
No día de onte a Consellaría de Educación reuniuse cos sindicatos para tratar as condicións de volta aos centros de ensino. No encontro a administración presentou unha proposta. Un, que a pesar dos anos segue sendo un tanto iluso, quixen lela para ter coñecemento, sen intermediarios, do que se estaba cocendo. Digo que quixen porque non fun quen de o facer. Intenteino varias veces, pero despois de varios esforzos vans, o resultado foi un completo fracaso. Non puiden albiscar o que propoñían as cúpulas educativas. Rendinme fronte á imposibilidade de entender o texto
Ben se ve que nas oficinas da Consellaría redactaron o texto en castelán e que posteriormente lle pasaron, moi por enriba, un tradutor. Despois, se houbo revisión, foi daquela maneira. O resultado, que non recomendo ler a ninguén, foi o dunha zaragallada incomestible. O que envorcou a conselleira sobre a mesa ante os representantes sindicais non é galego, é un insulto ao galego. Unha máis das múltiples mostras dunha política lingüística de desprezo á lingua de noso.
Podemos permitirnos seguir mantendo eses zunantes levando o temón da educación galega?
Como mostra da prea que sae desas cabezas, deixo aquí algúns retallos. Conste que, nin con moito, quixen ser exhaustivo. O seguinte vén dunha lectura en diagonal, e da que non saquei nada en limpo.
17 de maio. Desconfinemos o galego
O galego leva demasiado tempo confinado. Restrinxida a súa libre circulación no seu propio país cando non directamente vetada a súa presenza e, por tanto, condicionado negativamente o noso desenvolvemento como pobo en todos os planos.
mércores, 20 de maio de 2020
Crea un emprego
Por María Reimóndez no diario Nós:
Con frecuencia pensamos que cambiar o mundo é unha tarefa difícil e inalcanzable. Algo que leva a moita xente a atopar a escusa perfecta para deixar todo como está. Porque a comodidade é a maior inimiga de calquera revolución. Mais o que ás veces esquecemos é que as revolucións máis significativas son aquelas ás que chegamos coas cousas que non nos decatamos que están na nosa man.
luns, 18 de maio de 2020
A normalización lingüística. Unha introdución para a ESO
Unha explicación sobre o que é a normalización lingüística, o estatus legal do galego, as entidades para o fomento da lingua e exemplos de accións e campañas de normalización lingüística. É unha explicación gravada para a ESO. Feita por Nel Vidal
domingo, 17 de maio de 2020
Haberá primavera
Orixinal cartel da Fundaçom Artábria co que reivindican unha nova edición das letras adicadas a D. Ricardo Carvalho Calero
![]() |
| Engadir lenda |
sábado, 16 de maio de 2020
A fala
Queremos Galego pon nas redes este vídeo para animar de cara a este domingo, 17 de maio, Día das letras galegas
.Vía Nós Diario
venres, 15 de maio de 2020
A voz presente
Exposición "A voz Presente" do portal Carvalho Calero 2020
Exposición A Voz Presente by kiarqu2458 on Scribd
Entrevista con Don Ricardo Carvalho Calero
Ramóm Reimunde Norenha fixo e realizou esta entrevista a D. Ricardo Carvalho Calero no ano 1985
xoves, 14 de maio de 2020
Vieiros de esperanza: Ricardo Carvalho Calero
Documental biográfico sobre Ricardo Carvalho Calero filmado en 2014.
Vieiros de Esperanza percorre a vida e a traxectoria profesional de don Ricardo a modo de conversa, dende a súa infancia en Ferrol ata a súa xubilación en Compostela. Tamén tenta comprender porque non se lle dedicaba o Día das Letras Galegas, un recoñecemento que afortunadamente chega en 2020 para facer xustiza coincidindo co 110 aniversario do seu nacemento.
A obra formou parte do Traballo de Fin de Grao en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña. Dirixido por Antón Rodríguez e coa colaboración técnica de Javier Gómez e Sergio Arango.
A destacar este texto de Carvalho, "O uso do galego para todo", lido pola súa alumna Mª Pilar García Negro:
mércores, 13 de maio de 2020
Se ao final non podemos volver
Hiba Lajouad, alumna de 2º da ESO do IES Nº1 (A Estrada) adaptou "Como te atreves" de Morat aos tempos do coronavirus.
Pregúntome se lle gustarán as matemáticas, pois podería ser alumna miña nos vindeiros anos. Espero poder vela.
martes, 12 de maio de 2020
A aventura de coñecer a Carvalho Calero
Non é só un documento, Alexandra, profesora de galego do IES Antón Losada (A Estrada), achéganos esta presentación interactiva sobre Carvalho Calero.
Paseando por ela podemos acceder á declaracion da RAG do 17 de maio do 2020 como día do escritor ferrolán, a un vídeo do Colexio San Pío X (Ourense) sobre a súa vida, a varias interpretacións dalgunhas obras: "Non sei se a matei", "Luísa Sorriso", "Desde o ceu com amor", a un boletín sobre o reintegracionismo, a un encrucillado sobre a súa figura, ou a un increíble xogo interactivo, Don RiDardo, tamén creado polo Colexio San Pío X.
Toda unha aventura arredor de Ricardo Carvalho Calero.
Semana Das Letras Carvalho ... by elogolosada on Scribd
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









