O ILG (Instituto da Lingua Galega) creou, xa hai algún tempo, unha ferramenta atractiva, educativa, coa que calquera pode pasar uns minutos e, simplemente xogando con ela, pode obter informacións e curiosidades para comentalos cos amigos e familiares. Trátase da Cartografía dos apelidos de Galicia. Ti escribes na aplicación un apelido e o programa indícache o número de persoas en Galicia que o teñen, incluso poderás ver a distribución por concellos.
Eu mesmo fixen a proba escribindo alí o meu primeiro apelido: Arxibai. A resposta do programa foi moi curiosa, eu era o único Arxibai de toda Galicia. Como era posible tratándose dun apelido galego?
Xa estaba cheirando a resposta, mais para confirmala volvín a escribir o meu apleido, pero desta vez na súa versión deturpada: *Argibay. Agora o resultado foi de 2074 persoas.
No ano 1999 promulgouse a lei que permitía restaurar a forma orixinaria dos apelidos galegos. Eis aquí o resultado de aplicación desa lei: 2704 nun acastrapamento español, 1 en galego de seu. Pasa o mesmo coa normalización lingüística; nos últimos 30 anos promulgáronse leis, ordes e decretos pero sen implicación política algunha, polo que os resultados foron sempre de redución de uso do galego. Pensemos neste caso, apróbase unha lei que permite restaurar os apelidos deturpados, porén non se realiza ningunha campaña para que se faga efectiva. A clase política, que ten unha función educativa importantísima, e conscuentemente unha alta responsabilidade, segue a apelidarse *Rajoy, *Feijóo, *Villarino, *Nogueras, *Cajide, *de la Puente... Se públicamente, así como van aos puntos de doazón de sangue, se achegaran ao rexistro civil e deran exemplo de compromiso coa normalización onomástica, non sería certo que a situación actual non sería moi outra?... E se acompañando á lei houbese unha campaña administrativa..., e así como nos chegan á casa da man dos fillos de 3 anos, enquisas fraudulentas sobre preferencias de uso da lingua vehicular no ensino, nos chegaran cartas informativas sobre cal é o noso apelido sen deturpar, as razóns polas que debemos contribuir á súa restauración e un formulario para asinar e levar ao xulgado máis próximo para que, sen máis trámites, por fin figurásemos como cidadáns galegos de primeira e non como unha casta avergoñada de ser quen somos.
Pois si. Eu hai dez anos restaurei o meu apelido, no entanto o Ministerio do Interior está empeñado en volver a mo deturpar. Foi pola renovación do carnet de conducir. Fun a un centro médico a facer o psicotécnico, na sá de espera coincidín cun señor que superaba os 80 anos e que ben alto, para quen o quixera oir, e tamén para os que non queríamos, botaba pestes contra Zapatero ao tempo que gababa os méritos de Franco. Estaba alí para renovar o permiso de armas, a cousa non comenzaba ben. Non tiven problemas co psicotécnico, pero como todos os mínimamente comprometidos co galego, xa ando polo mundo algo avisado, polo que revisei con coidado a solicitude de renovación e, efectivamente, tiña razón nas miñas sospeitas. Na solicitude figuraba un rotundo *Argibay, polo que inmediatamente pedín que me refixeran o documento co meu verdadeiro apelido e, iluso de min!, marchei para a casa confiado.
Acaba de chegarme, vía correo ordinario, o novo carnet de conducir. Mais, adiviñade!, ven a nome dun tal *Argibay. Estou seguro de que os 2074 *Argibays nunca se verán nunha situación análoga, a eles non lles vai chegar un carnet co seu apelido restaurado na súa forma galega e orixinaria: Arxibai. Como di Carlos Callón: en castellano no hay problema. E se un se pregunta a razón de por que as cousas son así, só pode obter como resposta que a política lingüística non é outra cousa que un continuo ataque ao máis débil, ao galego. Iso sí, ataque contínue e atroz pero coa máscara de defensa e respecto.
Ou non é así, señor Anxo *Lorenzo?
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
venres, 27 de agosto de 2010
xoves, 26 de agosto de 2010
Escola de ferrado
Acabo de atopar pola arañeira o blogue Escola de ferrado, de Guillermo Meijón Couselo, o portavoz de educación do grupo parlamentario socialista no parlamento galego. A pena é que non dera con el antes.
Abusa moito dos signos exclamativos e de interrogación, porén ten artigos moi ben construídos e fundamentados a respecto do tema da lingua. Vou deixar aquí a ligazón a un par deles.
No primeiro: "enmendar nós, simples mortais, o divino texto da trinidade: feijóo-vázquez-lorenzo???????" , publicado o 12/08/2010, argumenta que o decreto 124/2007 parte do cerne do Plan Xeral de Normalización Lingüística, arduamente traballado e consensuado por todas as forzas políticas parlamentarias. No entanto o funesto decreto 79/2010 é vendido como parido a partir da consulta a todos os grupos do mundo mundial cando as consultas ficaron só niso: consultas na papeleira.
Noutro artigo: "o disparate está servido: libros de texto vs. decreto feijóo", do 25/08/2010, Meijón arremete contra a última falcatruada da Consellería de Educación, a de cargar aos pais cun gasto superior aos 10.000.000 € en plena época de crise entre os cursos 2010-11 e 2011-12. Para paliar a carga total deste capricho de Feijóo ás familias víronse na obriga de relizar un anuncio do día 10 de xuño na web da Consellería de que convocarían axudas para este dispendio. Despois de máis de dous meses volven a anunciar o mesmo, e aínda non teñen publicada a orde para as axudas. E no anuncio precisan ademais que as únicas materias implicadas nestas axudas van ser aquelas que cambien os libros de texto de galego para castelán, cando isto, segundo o seu propio decreto non é así.

A lóxica dos prexuízos lingüísticos
Como a semana pasada estiven fóra da arañeira da rede deixei moitas achegas atrás. Vou recuperar unha delas, a habitual dos luns de Carlos Callón no Galicia Hoxe, neste caso o artigo corresponde ao día 16/08/2010:
É moi probábel que, despois d"Os vellos non deben de namorarse, a obra en galego máis representada nos nosos centros de ensino sexa O achado do castro. Esta divertida peza é a incursión literaria máis coñecida de Manuel Núñez Singala, que tamén conta no seu haber con títulos narrativos como Mar de fondo e o tan recente como suculento Menú de enganos. Ademais, foi motivo dun ataque lamentábel por parte dos grupos contrarios ao galego a dramatización dos prexuízos sobre o noso idioma na súa Comedia bífida. Manuel Núñez Singala, que leva anos como director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, debrúzase con frecuencia na problemática dos idiomas minorados. Unha das súas liñas de traballo é abordar a cuestión dos prexuízos lingüísticos, un espazo no que se inscribe o seu recomendábel libro En galego, por que non?
Implicación na lectura
É relevante que o título sexa unha pregunta. Toda a obra é un continuo convite á reflexión, a que as posturas que unha persoa poida adoptar sobre a situación lingüística sexan a partir do coñecemento e non de apriorismos irracionais. No volume apóstase por crear un vínculo coa lectora ou co lector a través dun estilo áxil e de continuadas interpelacións. Como di no último parágrafo da introdución: "Se temos unha lingua, por que non usala? Por que non en galego? Se xa o falas convídote a que leas as páxinas que seguen, que quizais che sirvan de reforzo para a túa conduta lingüística actual, e se non o fas, convídote igualmente a que penses sobre a razón. Por que non en galego? Porque é unha lingua bruta, que soa mal? Ou porque consideras que aprender galego e non inglés é unha perda de tempo? Ou porque falar galego cando hai outros que non o falan é de mala educación? Ou porque cres que non o dás falado ben?... A todos estes porqués e bastantes máis atoparás resposta neste libro. Espero que che guste e que ao final che sirva para que poidas opinar sobre o galego con maior fundamento, sexa o que sexa o que ao final ti mesmo decidas" (p. 15).
Así é. Os capítulos que estruturan o libro son varias posíbeis respostas á cuestión do título. Páxina a páxina, Núñez Singala dinamita os alicerces dos prexuízos a partir da forza da razón. O autor sementa as páxinas de problemas de lóxica, que utiliza como exemplos que serven para explicar, por analoxía, como se configuran moitas das ideas negativas sobre o galego que se repiten como verdades incuestionábeis.
Os xogos de lóxica e as curiosidades fan desta unha obra moi amena. A lectora ou o lector teñen que implicarse de forma activa para dar resposta ás continuas preguntas. Que se sabes como se chama este animal que aparece na foto. Que escribas unha listaxe de linguas que soan ben e linguas que soan mal. Que penses como solucionar un pequeno problema matemático que parece simplísimo. Que resolvas un pequeno misterio.
Esta implicación fai que estas páxinas se lean cun sorriso. Porque pensamos que na seguinte ocasión imos saber responder a pregunta, mais volvemos caer! Decatámonos, así, do profundamente inscritos que temos, todas e todos, os prexuízos máis inagardados. Por exemplo, tras un pequeno problema matemático, o autor interróganos sobre o motivo polo que foi capaz de enganarnos co que nos acaba de contar: "Por que funciona este truco?". Coa resposta, desenmascara ao mesmo tempo a estrutura do preconcepto: "Funciona polo mesmo que tendemos a considerar atinada a frase "Aprender galego é unha perda de tempo, se todos falásemos inglés non habería problemas para entenderse". É dicir, funciona porque nos dous casos se segue a mesma estratexia: formular mal o problema" (p. 41).
Aínda Babel
O mito de que todas as persoas no planeta deberiamos falar o mesmo idioma ten unha longuísima tradición, como é sabido. Mais gustoume moito a forma concreta en que lle dá resposta Núñez Singala. Por unha banda, explicando con tremenda pedagoxía a tendencia á variedade, a partir dos exemplos das diferentes dobraxes que se realizan para un mesmo idioma, ou os varios correctores ortográficos que existen para as diferentes variedades do español (podes optar polo da Arxentina, Chile, Guatemala, Paraguai, España, Venezuela, etc.), do inglés, do árabe, do francés... A diversidade que, en fin, tamén é intrínseca ás propias "grandes linguas".
Mais a súa mellor reflexión sobre o tema é un simple baño de realismo: "Fagamos un exercicio de inxenuidade e imaxinemos que todos os gobernos do mundo se poñen de acordo para usar só unha lingua, e que mesmo se poñen de acordo sobre que lingua usar (...). Non cómpre ser moi intelixente para decatarse de que tal pretensión resultaría imposible por moitas razóns. Abonde pensar en que na actualidade, no noso mundo tan "avanzado" case o 20% da poboación, unha de cada cinco persoas, é analfabeta. Se non é posible aínda ensinar de xeito global a ler e escribir na propia lingua a mil millóns de persoas, pode alguén crer que sería posible facer que aprendesen unha lingua nova?" (p. 48).
As verdades máis sinxelas, máis elementais, destrúen as mentiras máis afincadas. De cando en cando, habería que repetir en alto frases tan básicas como estas: "A situación actual, con linguas con moitos falantes e outras con moi poucos, débese a factores económicos e políticos, non lingüísticos" (p. 78), "o argumento de que [o galego] non o fala ninguén adoitan empregalo os que opinan que xa se fala demasiado" (p. 81), "en realidade non hai linguas que, por si mesmas, soen ben ou mal" (p. 37), "resulta desenmascarador que aqueles que claman contra a imposición e enchen o peito con palabras como liberdade, bilingüismo e harmonía só se deixen oír nos casos en que o galego comeza a asomarse á igualdade co español" (p. 73). Como o dediño infantil que lembra que, a pesar do que digan, o rei vai nu.
Matices
O deseño dinámico e inzado de ilustracións axuda aínda máis a mergullarse nas páxinas deste libro. Neste aspecto, só matizaría dúas cousas. En primeiro lugar, o erro na reprodución da folla voandeira franquista na que se insta "Hable bien. Sea patriota. No sea bárbaro" (páx. 34). O pasquín aparece aquí asinado deste xeito: "Octavilla. Imprenta Sindical. A Coruña. 1942". Non é a primeira vez en que vexo esta corrección do topónimo, que non fai ningún sentido. O mesmo acontecía na cuberta do estudo A represión lingüística en Galiza no século XX, de Pilar Freitas Juvino e o mesmo se pode ver nalgúns libros de texto.
A segunda proposta de mellora é relativa aos mapas sobre os lugares do mundo onde se fala español (p. 78) e portugués (p. 79). A cartografía sobre o castelán sinala que se fala "maioritariamente" este idioma nas Filipinas e nos Estados Unidos, incluído Alaska. Pola súa banda, o mercátor onde se salientan os territorios da lusofonía está cortado, incompleto e difuminado.
Pensémolo
En galego, por que non? é un libro útil para traballar os prexuízos nas aulas, para difundir socialmente e mesmo unha obra entretida para este verán. Con este áxil volume veremos, como di o propio Manuel Núñez Singala, que "ás veces as cousas que consideramos moi evidentes poden resultar moi falsas, se o pensamos un pouco. Pero é necesario iso, pensalo un pouco". Pensémolo. E socialicémolo..

Pablo e Anxo
O anterior post, sobre os nomes en galego/castelán, fíxome pensar na xente do meu arredor e nos nomes que lle puxeron aos seus fillos. Por iso deixo estas anotacións por aquí.
Teño uns veciños que teñen un rapaz de 5 anos, chámase Anxo, porén os pais chámanlle Anso. Nesa familia falan sempre en español, aínda que non teñen un odio manifesto polo galego. Por exemplo, non están de acordo co decreto de plurilingüismo, no entanto educan ao rapaz en castelán e tampouco teñen unha conciencia a respecto da lingua que os faga reflexionar sobre os problemas de vivir en galego, polo tanto tampouco lle transmitirán ao neno uns valores sociolingüísticos libres de prexuízos.
Que pasará con Anxo no futuro? Probablemente desenvolva toda a súa vida en castelán, coñecerá e tratará con algúns galego-falantes, lerá nos seus anos de estudo media ducia de libros en galego, de cando en vez verá algunha película na TVG, escoitará as noticias da radio galega e ese será todo o seu contacto coa nosa lingua.
Un compañeiro de traballo vive na mesma vila ca min, tamén ten un neno de 5 anos, Pablo. El e a súa muller falan sempre en galego, "é o que me sae" pero non se lles pasou pola cabeza poñerlle Paulo ao rapaz. Neste caso teñen asumido que se van ao banco a pedir unha hipoteca todos os papeis son en castelán, non ven o problema porque sempre foi así. A pesar disto educan ao seu fillo en galego.
Que pasará con Pablo no futuro? Pablo é amigo de Anxo, e como xa se decatou de cal é a lingua protexida, a que non dá problemas, a lingua A da sociedade, falan nos seus xogos en castelán. Nos vindeiros anos, fomentada pola política lingüística da Xunta, o contacto de Pablo co castelán non será suficiente para conter a abafante presenza desta lingua na sociedade (medios, publicidade, TICs, amistades, prexuízos instalados e fomentados,...). Cada día Pablo falará con máis frecuencia en castelán, primeiro reservando o galego para a familia, despois nin tan siquera iso. "Es lo que me sale", acabará dicindo Pablo.
Non sería raro que no transcurso dos anos Pablo continúe mantendo a súa amistade con Anxo, ao que lle chamará Anso.
P.S.: acabo de ver pola rúa aos meus veciños e comprobei que eu estaba equivocado, a Anxo non lle chaman Anso, senón Ancho.

mércores, 25 de agosto de 2010
5% de identidade
Anda ben baixa a nosa indentidade.
Aínda que sempre hai alguén que toma as cousas desde o punto de vista máis positivo posible, aínda que deturpe a realidade: A Nosa Terra dá como titular: "Multiplícanse por dez os nomes de orixe galega".

Uso e mal uso do galego
por Xabier P. Iglesias, en MundoGaliza:
Estas semanas un brillante artigo do compañeiro Carlos Callón en Galicia Hoxe serviu para dar inicio a un litixio dialéctico a conto do estado de saúde do noso idioma. Desta volta o debate non versaba sobre o retroceso no seu uso social, senón sobre o empobrecemento lingüístico do código.
Vaia por diante que non son filólogo, e que polo tanto véxome obrigado a envolver na prudencia debida as miñas afirmacións e xuízos. Porén, non hai ciencia, tampouco a filolóxica, que non poida ser abordábel por non-especialistas aplicando o mínimo de intelixencia e de sentido común que se lle presupón a calquera.
Na miña opinión o debate está desenfocado porque non se segmentan axeitadamente as diferentes cuestións que o compoñen. Porque se mesturan aspectos, que inda ligados a un tronco común, non son equivalentes e esixen de análises diferenciadas.
Comparto con Callón a evidencia de que a lingua galega está inmersa nun proceso de hibridación lingüística co idioma español, que a deturpa. Coincido en que este feito é un síntoma relevante da satelización do noso idioma, que padece a diglosia cando non a completa exclusión en amplos ámbitos de uso en beneficio do español, e que ademais é un indicador da falta de valorización do propio.
Os castelanismos, e a deturpación castelanizadora no fonético e no léxico, omnipresentes en amplos sectores de galego falantes, son ao igual que a crecente presenza de anglicismos e outros préstamos en linguas consolidadas coma o español, un efecto derivado da superposición, inda que sexa lateral, dun ou varios códigos sobre outros, claramente ligado con fenómenos de superposición cultural.
Os español falantes non empregan anglicismos, coma no pasado utilizaron galicismos, para darse a entender amabelmente a foráneos. As e os galegos non incorporamos palabras e expresións integramente españolas ao uso do noso idioma tampouco por esa causa. Sostelo é como mínimo unha imperdoábel inxenuidade que non ten asento argumental, inda que quen o faga sexa un filólogo como recentemente lin nun retruque ao artigo de Callón.
Ben, é certo. É preocupante a falta de valoración que denota o desleixo lingüístico cando se trata do uso do galego. É certo que determinadas perversidades lingüísticas que se perpetran contra da nosa lingua –mesmo por institucións e autoridades- non serían permisíbeis para outros idiomas (reparemos na ortografía ou na sintaxe…). É ademais, sensato e fundado acreditar en que esta situación está influída, se cadra mesmo determinada, polo feito de non tratarse dunha lingua plenamente normalizada no seu uso e en que debemos facer os esforzos colectivos e individuais necesarios para a corrixir, desterrando os barbarismos que desnaturalizan a nosa fala. Até aí perfecto.
Porén, discrepo da mestura intencionada ou subconsciente deste aspecto se se quer máis académico, científico e/ou filolóxico, con outros aspectos da situación do noso idioma, nomeadamente co relativo ao retroceso (cuantitativo enténdase) no seu uso.
Explícome. É desexábel, e fico certo de que existe unanimidade nisto, que o uso social dun idioma, máxime cando é o propio, sexa o máis correcto posíbel. Pero erramos por completo se no debate presente arredor do noso idioma, situamos en primeira plana e ao mesmo nivel a cuestión filolóxica-normativa e a súa necesaria normalización –entendida esta como proceso encamiñado a estender o uso da lingua propia de cara a súa hexemonía social-. Por iso, pese a me reivindicar como reintegracionista discrepo absolutamente da estratexia social do reintegracionismo.
Que nunha rúa de Vigo che espeten “me das fogo para o cigarro?” pode que resulte aberrante e inadmisíbel desde un punto de vista normativo, como o é escribir “bacacións”. Porén, dada a situación vixente do noso idioma, particularmente acredito en que é merecente de aplauso o esforzo lingüístico do que emana esa aberración fronte á imposibilidade cotiá de vivirmos un só día plenamente en galego na principal cidade de Galiza, por citar un exemplo concreto.
Son esas aberracións as que caracterizan as máis das veces o difícil tránsito das e dos monolingües en español ao galego; e dígoo desde a experiencia propia como neofalante desde os 14 anos. E malia que todas e todos debamos contribuír en axudar a quen comete tais incorreccións, a través da corrección amábel e non do reproche violento, a través da sedución e non da culpa, o primeiro e fundamental, moi por diante diso, debe ser envolver en apoio e complicidade ese difícil tránsito, que topa con enormes resistencias e dificultades sociais. Antes e primeiro de nada habemos reforzar positivamente a quen decide usar o galego como lingua vehicular.
En que contribuímos á normalización lingüística do galego se ás barreiras sociais, culturais, resultantes da negación colonial da nosa lingua e cultura, lle engadimos tamén a barreira normativa? Eis a cuestión central neste debate.
Como sostén Xose Manuel Pereiro nun recente artigo en El País, que considero que non contradí o defendido por Callón, eu tamén prefiro falantes dun galego formalmente deturpado á resignación fronte o retroceso imparábel no uso da nosa lingua. Do mesmo xeito que prefiro á viguesa AID no meu MP3 co seu hip-hop en galego que noutro idioma, malia que exista o enxebre xénero da regueifa.
Pode que sexa unha xerarquización resultado da desesperación, mais nesta altura para min debe prelar a promoción do uso sobre a corrección no manexo do noso idioma. Precisamente pola súa importancia para nós como pobo, como nación.

Sobre cabuchos e cabichas
por Alfonso Vázquez-Monxardín, no xornal La Región:
Era eu ben pequeno cando me acheguei a unha churreira da festa en Baiona e pedinlle, inducido, 'cinco pesetas de cabuchos de churros'. Porque como vostedes saben, ao faceren os churros, hai uns restos que por pequenos non chegan á categoría de churros e como a palabra 'churrelo' non está inventada que eu saiba, pois pódese referir un a eles, como eu fixen, con ese despectivo diminutivo de 'cabucho'. A verdade é que a boa da señora fixera moitos churros ao longo da tarde ?debían ser as festas da Anunciada- que deixara nunha beira todos aqueles restos de destino incerto. E fíxolle moita gracia a miña solicitude explícita dos cabuchos e púxome un cucurucho tan grande e tan cheo deles que por cinco pesetas case me indixesto, que xa é falar.
E claro, veume á memoria a conto daqueles cabuchos dos churros a propósito das traída e levadas 'cabichas' que estes días andan nos paneis informativos da autoestradas de Galicia. A verdade é que creo que ese costume bárbaro de tirar cabichas desde os coches en marcha está case desaparecido. Primeiro, porque agora a xente fuma menos. Segundo, porque fuma moito, moitísimo menos dentro dos coches, entre outras cousas porque se entende xa prevalece o dereito do non fumador a non estar no receptáculo cheo de néboa, como antes pasaba mesmo no Castromil cando viña un de Santiago. E tamen, claro, porque a xente está moito máis civilizada en xeral, e en canto a condutora, en particular.
E moita xente preguntaba ¿Sabes como se di 'colilla' en galego? E claro, cabicha. Supoño que da mesma raíz que os meus cabuchos de churros, só que en feminino e con ese i máis elegante que o u, pero completando a raíz despectiva e diminutiva do 'cabo' ou 'fin' do cigarro co sufixo 'icha'. Porque xa me dirán se non é ridícula a expresión castelá 'colilla' por moi familiar que hoxe nos resulte. ¿Teñen cola ou rabo os cigarros para ter unha pequena 'colilla'? Así pois que os que se estrañen da palabra galega, pensen na irmá castelá.
Saben vostedes coma min que hai palabras patrimoniais moi diferentes nas linguas (vellas tipo carballo, chuvia) outras máis parecidas, sexan cultismos (xeografía), neoloxismos (televisión) e outros grupos intermedios e diversos. E resulta curioso ver como algúns inventos dos séculos XV e o XIX teñen denominacións moi diversas por non estaren na lingua desde a formación nin pertenceren á globalización neoloxística. Moitas resultan da ampliación de significantes preexistentes. Por exemplo o grifo español, convive coa canilla argentina, a llave chilena ou o caño caribeño. Pero tamén co tap inglés, o robineto italiano, a torneira portuguesa ou a billa ?e cano e torneira tamén coñezo- galegos. E neste grupo, supoño, están as cabichas. Palabra inestable que pasa da xerga ao mundo oficial. En castelán a outra palabra xeral 'pava' ?seguramente en relación con 'pavesa', faísca- quedou marcada como marxinal. Os portugueses chámanlles 'as pontas do cigarro', os italianos, os ingleses? E nós.

2011: o ano das escolas en galego
A plataforma Galiza co galego presentou onte o seu proxecto 'Polo dereito dá infancia á educación en galego', que pretende promover a creación dunha rede privada e popular de escolas infantís que impartan a súa educación en galego. Aínda que o seu desexo era comezar o vindeiro setembro, os primeiros centros da rede privada de escolas infantís en galego que promove Galiza co Galego estarán listos para o curso 2011-2012.
Como a Xunta está metida nunha campaña para eliminar ou reducir a presenza do galego no ensino, moitos pais chegaron á conclusión de que a única forma de acceder a un ensino na nosa lingua é mediante a iniciativa privada. Namentras pagaremos impostos para substituir libros en galego por outros en castelán, promoverase o uso do castelán no ensino, presionararase ao profesorado para que imparta as súas aulas en castelán... cando o nível de uso do galego no ensino non universitario anda polo 35%.
Unha pena.
Máis información en Galicia Hoxe e A Nosa Terra.

Pensando xa na volta ao cole
por Xosé Ramón López Boullón, no Galicia Hoxe:
Este agosto crisián, de crise, para todo cristián, agnóstico ou crente, resulta desconcertante. Santiago está ateigado de xente. Non parece agosto. Non, desde logo, aqueles agostos do ensanche deserto que enchían de novo os estudantes cando volvían para examinarse en setembro. Tampouco parece que haxa crise. Na capital véndense cinco mil tartas de Santiago diarias.
A hostalaría, en xeral, non se pode queixar. A oferta hoteleira aumentou e bares e outros lugares enchen os seus locais, as súas terrazas. Tamén aumentaron os itinerarios e os espazos de consumo.
Antes podías ir de viños, de cortos ou de cañas, a tomar o vermú, as copas na noite nova da zona vella ou nos pubs da zona nova. Agora tamén podes ir de xardíns. Outra marabillosa oportunidade que ofrece Compostela. Unha nova alternativa.
Pódese escoller entre o xardín de pedra das súas rúas ou entrar nun local con patio ou xardín interior que nos permite gozar das hortas dunhas casas privilexiadas, duns currunchos de fontes e verdor, pracenteiros lugares, locus amoenus, da cidade.
Tras a calor canicular, orballea e os plásticos de cores cobren os corpos dos turistas. Con eses chuvasqueiros anuncian a proximidade de setembro, da volta ao cole. E esta frase ponme o medo no corpo.
Moitos pais xa andan a voltas co material escolar e non paran de gastar con todo o que supón, como cada ano, a famosa volta ao cole.
E este ano amais supón volver ás aulas das escolas-balneario do plurilingüismo, nas que o galego, cotiza á baixa nese pluri dun plurilingüismo que lles dificulta ás familias galegofalantes que os seus fillos/as poidan ter ensino en galego e que lles impide aos nenos e as nenas de familias castelánfalantes adquiriren competencias en galego. E ademais cos libros de mates en castelán, como terapia rexenerativa e antiestrés, para que non se afagan a tanto galego, máis nunha materia como esta na que aprenden tantas cousas e que os/as axuda a descubriren o mundo.
Non vaia ser que con tanto galego os rapaces e as rapazas se fagan galeguistas de máis, ou sexa, nacionalistas, que por aí é por onde veñen todos os males deste país. O corpo e a mente dos/das aprendentes agradeceranlle este interesado esforzo político ao Goberno galego.
E con esta discriminación no repertorio lingüístico curricular, como se poden adestrar as capacidades lingüísticas dos individuos e como se favorece a interacción das competencias das súas diferentes linguas?
E, como se poden mellorar as competencias noutras linguas da contorna ou de fóra da contorna ou sensibilizar os/as aprendentes na diversidade cultural e lingüística?
Agosto está en crise, para todo cristián e eu sigo crendo no que creo e sigo crendo que así non imos a ningures. Tampouco, coa cacarexada suba de impostos aos ricos que non chegará en setembro, coa volta ao cole.
Ao cole deberían volver algúns políticos para adquirir competencias básicas no máis básico e non tomarnos o pelo coa crise, coa lingua e coas cousas de comer.

A Xunta de Galicia contra o galego
O director de centros e recursos humanos, José Manuel Pinal, indicou que por mor da aplicación do funesto decreto de plurilingüismo, “hai unha serie de textos que hai que cambiar como son os das materias de matemáticas, tecnoloxía e física e química que pasan a impartirse en castelán" polo que a Consellería de Educación vai realizar nos vindeiros días unha convocatoria de axudas para que as familias con fillos en 3º, 4º de primaria e en secundaria.
Claramente: destínanse recursos para que algúns pais reciban axudas por cambiar libros de texto en galego por libros de texto en castelán. Cal era o problema que presentaban eses libros de matemáticas, tecnoloxía e física e química? Non era que fosen obsoletos ou non fosen pedagóxicamente acaídos. Só hai unha razón pola que se fai a substitución, por estaren en galego, e iso non é do gusto da Consellería de Educación.
Pode que haxa alguén que non crea o que esta noticia sexa certa, pois que consulte no propio portal de comunicación da Consellería de Educación
P.S.: Varios medios xa divulgaron este invento da Xunta. "Nova partida de Educación para axudar o libro en castelán" titulan no diario Galicia Hoxe. "Substituír os libros en galego custará seis millóns de euros" é o titular do Xornal de Galicia.

martes, 24 de agosto de 2010
Entrevista versus entrevista
No suposto medio de comunicación chamedo La Voz de Galicia, o 3 deste mesmo mes fixéronlle unha entrevista a Pedro Gil quen foi alumno meu durante os dous últimos anos. O motivo da entrevista, xa o comentei neste mesmo blogue, era porque Pedro participara na "Ruta Quetzal 2010", e a razón pola que eu comentei o caso foi porque a entrevista aparecía completamente en castelán e eu nunca lle oín falar a Pedro nesa lingua. Depois había de confirmarmo o propio Pedro, a entrevista fixéranlla en galego e mesmo me falou da súa sorpresa ao ver traducidas as súas palabras na prensa. Non creo que haxa que insistir na política de La Voz a respecto da lingua galega, cunha redacción en galego do 3,55% das novas segundo o informe do CCG.
Onte aparecía nese mesmo periódico unha entrevista a Jesús Vázquez Abad, conselleiro de educación. É coñecido públicamente o desprezo e o desleixo deste señor a respecto do galego, e se usa esta língua é só por oportunismo político. Son moitas as entrevistas concedidas por este señor a cadeas locais, íntegramente en castelán e que están na rede ao alcance de quen sexan quen de soportalas. Jesús Vázquez é tamén un dos máximos responsables da aprobación do funesto decreto 79/2010 para reducir o uso do galego no ensino non universitario.
Pois o curioso é que nese medio que lle vira as costas ao galego, a entrevista ao conselleiro que despreza a nosa lingua aparece en galego. Porén a entrevista ao meu alumno, amante do galego, aparece traducida ao castelán.
Será que a do conselleiro tamén está traducida?

Futuro galego
por Miguel Anxo Fernán Vello, no Galicia Hoxe:
Lembrei eu estoutro día ao Álvaro Cunqueiro que deixou dito que "a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo" e veu tamén á miña lembranza, case de xeito automático, o número de galegofalantes que o noso país perde cada ano que pasa: arredor de 27 mil almas. Mais afinemos os datos, botando man agora do Instituto Galego de Estatística. No ano 2009 o número de falecementos en Galicia atinxiu a cifra de 29.899 persoas e, por outra banda, só 37 dos 315 concellos galegos tiveron ao longo do ano un número maior de nacementos que de mortes, obténdomos no conxunto do país un saldo vexetativo negativo (-7.445), o máis alto de todo o Estado español. Estes son os datos. E son arrepiantes. Morren persoas galegofalantes -máis de 60 diarias, sen dúbida-, que recibiron o idioma na súa inmensa maioría por transmisión oral, e os nenos que nacen -tan escasos, como vemos- non son incorporados finalmente ao uso normal e natural da nosa fala. ¿Temos futuro diferenciado como pobo deste xeito? Cunqueiro, que non era ningún galeguista nacionalista radical -era, iso si, un dos máis grandes escritores galegos e europeos do século XX-, ben sabía que non, e por iso nos deixou esa frase que convén repetir e admitir: "A duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo". Talmente. Mais o certo é que -poñamos sobre a mesa máis datos fornecidos polo IGE- nas grandes cidades galegas a porcentaxe de galegofalantes habituais é moi minoritaria. Vexamos. Na cidade de Ferrol só o 3,93% dos fogares ten como lingua habitual dos seus membros o galego; en Vigo, o 3,96%; na Coruña, o 5,34%, e en Pontevedra o 6,74%. Este é o panorama. De seguirmos así, o futuro do galego nas cidades máis importantes -en Santiago as familias que o falan de xeito habitual no seu ámbito son un 10,62%, e en Ourense un 13,59%- ten os anos contados. De seguirmos así, temos os anos contados. O galego, tan perseguido polos etnocidas de hoxe, esmorece, os seus falantes morren. As mil Primaveras acabarán sendo Outono.

Iberia
Os de Iberia perdéronme as maletas outra vez. Desta volta desapareceron as tres que levaba. Despois de facer a reclamación quixen enterarme da situación da equipaxe desde a web de Iberia.
Na lapela superior vexo que ten opcións para o cambio de linguas. Ademais de en castelán podo acceder á información en inglés e en catalán... mais non en galego.
Claro, estamos en iberia, e na ibeira o galego non importa.

O falso discurso da utilidade lingüística
por Iria Taibo, en Terra e Tempo:
Desde hai uns meses estamos a asistir á introdución na nosa sociedade do debate sobre a utilidade das linguas, máis concretamente sobre a hipotética utilidade da lingua galega. Precisamente ese punto do comezo do debate é o máis interesante, pois non todas as linguas nos dan tanto que pensar. Menos aínda neses termos tan próximos á negación do que nos é máis propio. E aínda menos cando falamos das linguas que nos rodean.
Acompáñase esta falsa idea do tópico da complicación extra que supón o galego. Non polos atrancos que supón para o galego falante esa elección, senón por unha suposta dificultade de ensinanza e aprendizaxe da (e na) nosa lingua, á que se engaden os cambios normativos que, por algún motivo, teñen a capacidade de multiplicárense no imaxinario colectivo desa masa social que procura excusas variadas e moi reveladoras para rexeitar o galego de diversas maneiras. Esta multiplicación normativa irreal (por exemplo, non é verdade que todas as palabras que agora en galego oficial se escriban con "b" hai 10 anos se escribisen con "v") resulta especialmente interesante, pois parece servir moi ben a un conxunto de prexuízos que se moven con moita comodidade a medio camiño entre as ideas sobre a falta de utilidade da lingua galega e a súa escasa entidade como lingua "relevante". Se entrarmos no feo terreo da comparación, a Real Academia da Lingua Española mesmo ten na rede un exitoso Dicionario Panhispánico de Dúbidas. E eu non coñezo ningunha persoa que teña renunciado a usar o castelán por ter dúbidas co seu vocabulario. Tampouco pola aparición de novas palabras no diccionario da RAE (na última actualización do diccionario, de na rede, de 29 de xullo deste mesmo ano inclúese por exemplo a palabra "festivalero"). É posíbel que valoremos positivamente a capacidade de adaptación e mellora constante que estas mudanzas permiten. Seguramente isto non nos afecta negativamente nas nosas eleccións porque a verdadeira razón para escoller unha lingua ou abandonar outra non ten nada que ver cos coñecementos filolóxicos (este é tema para outro artigo que podería ter como título: "A lingua galega: todos somos filólogos" ou "Máis filólogos que falantes").
Por outra banda, e retornando á cuestión da utilidade en si mesma, é xusto falarmos de utilidade en relación coas linguas? Debemos entón levarmos ese pragmatismo ao extremo e pasármonos ao esperanto ou a un inglés ou chinés universal? Sería iso posíbel? E desexábel? Posíbel non sei se será, mais levaría un tempiño e seguramente máis dunha xeración conseguir un nivel aceptábel en calquera na lingua elixida, só con pensarmos no noso exemplo: canto tempo e esforzo nos custa dominar unha lingua allea como para sermos capaces de falar unhas frases básicas cando saímos a un país estranxeiro? Ese esforzo é proporcionado, compensa o beneficio de eliminarmos as dificultades para entender outras linguas e as barreiras que pon a necesidade de combinarmos usos para linguas cooficiais?
Por outra banda, calquera falante nativo do inglés seguramente amará a súa lingua, é posíbel que lle guste coñecer as diferentes variantes dialectais que ten, poder descubrir o seu amplo vocabulario, entenderse con xente doutros territorios grazas a ese patrimonio cultural e mil cousas máis. E todos o entenderemos. Mais por algún motivo hai quen pensa que é menos lexítimo que un falante dunha lingua máis pequena cuantitativamente sinta un orgullo semellante por ela. Parécenos máis exótico, máis "riquiño", mais non especialmente digno de orgullo. A respecto do galego pensamos que é normal que renunciemos á nosa lingua para facer máis fácil a vida de outros. Pode ser unha lingua bonita, si, mais non o é tanto se temos un sotaque menos urbano ou neutro e dependendo de con quen falemos preferiremos outra lingua diferente. Sen dedicar moito tempo a meditar o por que da nosa elección.
A tentativa de nos reenquadrarem a língua
por Celso Álvarez Cáccamo, no Portal Galego da Língua:
Recentemente assiste-se a um certa tentativa de reenquadramento dos conflitos linguísticos no Estado Español em várias espécies. Desde o "progressismo" centrista faz-se, por exemplo, em termos do apelo a uma "diversidade" semelhante à exuberância da flora tropical. É um discurso velho e novo ao mesmo tempo. Velho, porque se recolhe também nessa pretensa proteção da "riqueza das modalidades linguísticas" que está na Constitución Española e em tanto discurso, também progressista, que não compreende ou não quer compreender o que é um projeto de construção de língua nacional. E novo porque, em lugar de atacar frontalmente os projetos de intervenção (pouca gente ousa dizer, por exemplo, que o galego "não serve para nada"), estes são reduzidos à necessidade de medidas locais, parciais, sempre estimadas em termos de necessidades específicas, numa paródia da auto-gestão dessa diversidade. Em poucas palavras: a recuperação das línguas não-espanholas continua a ser folclorizada porque, no fundo, se concebe sempre um quadro linguístico mais amplo (o da Lengua dominante que não precisa de tal intervenção). Mas resulta que nem a Galiza, nem Catalunha, nem o País Basco, nem o País Valenciano, etc., são sociedades tribais com o que se chamam heritage languages ("línguas de herança") que um feixe de índios conscientizados ensinam em locais provisórios como puro "património simbólico".
Da mesma maneira, ao lado dos mitos do monolinguismo e do bilinguismo surge agora o mito do "plurilinguismo", um plurilinguismo peculiarmente concebido. O título do infame Decreto Feijóo/Lorenzo da administração do PP ultrapassa o seu nicho no DOGA para ser motivo, por exemplo, dumas jornadas do STEG. Parece que o PP é especialmente hábil em gerar palavros que até a oposição do nacionalismo linguístico faz circular, para maior glória dos seus geradores. Porque, é que o "plurilinguismo" é ideia nova agora? E, de que plurilinguismo se fala? Do que sempre tiveram as elites poderosas que falam os idiomas poderosos do mundo para se comunicar na linguagem do dinheiro? Do plurilinguismo "de base" das sociedades multiétnicas (africanas, por exemplo), onde várias línguas de identificação social são utilizadas junto a línguas ex-coloniais e neo-coloniais (isto é, coloniais)? Ou não se tratará do ideal dum semi-plurilinguismo acaído para perpetuarem o semi-analfabetismo numa sociedade galega que, por não ter, não terá nenhuma língua inteira (nem português, nem inglês, nem español)?
E, por último, ressurge também o enquadramento da "ecolinguística", palavro também pegadiço como canção de verão. Tampouco é nova. As línguas no seu espaço eco-social, não é? Mas, ou isto se concebe em termos eco-sócio-político-linguísticos, ou se está a falar da mesma diversidade linguística de sempre. Na realidade, não li um recente volume coletivo, Lingua e Futuro, com a focagem nessa onda, Unha perspectiva ecolingüística, porque um livro académico que fale do passado, presente e futuro do galego sem incluir nas suas cumpridas referências bibliográficas nem sequer uma menção a nem sequer um livro, trabalho, artigo, palestra ou texto jornalístico de nem sequer uma só pessoa reintegracionista durante décadas de produção (isto é, os que dizemos e escrevemos que galego e português são a mesma língua, que se chama língua portuguesa), merece-me pouquíssimo crédito. Será um livro pavero, mas não é nem ciência nem resistência. Um pergunta-se se a urgência duma improvisada contestação ao Monstro do PP, os interesses comerciais editoriais, a caché do termo "ecolinguística" e outros fatores oportunistas se impuseram, como amiúde acontece, sobre o critério do rigor académico para uma questão tão crucial como --dizem os mal pensados-- é a Língua da Galiza.
Mas é que, já digo, o jogo do reenquadramento discursivo parece estar a ser mais importante do que outras questões. Dirá-se que me estou a referir, na minha crítica, a discursos e posições muito diferentes. Talvez sim, mas nem tanto. Todos continuam a caraterizar-se, como é costume, pola exclusão. Não é grave que neste jogo se excluam pessoas, que são mortais, mas sim o que estas dizem, que permanece escrito. Esses discursos excluem afirmar com todas as letras que o conflito linguístico na Galiza é uma questão de Estado porque é um conflito entre línguas nacionais e de Estado, não entre uma Lengua plena dominante e uma curiosa variedade dominada a "proteger". Tírios e troianos excluem, por exemplo, a evidência categórica de que não se pode reinventar o que é uma Língua Nacional, e que esta língua nacional já a temos noutros estados, para imitarmos a sua natureza e as suas funções (dentro das nossas formas) como obedientes discípulos. Excluindo assim o discurso da razão de Estado, isto é, a questão radical do conflito linguístico galego, permite-se e tolera-se a penetração de viragens discursivas de todo o tipo que, na realidade, não dizem nada novo e, sobretudo, não abrem as portas para agirmos nada novo. É esta uma ampla aliança, não o nego, dentro do que dei em chamar o "contínuo galeguista", bem tolerada desde o centro. Mas uma aliança social assim não dá necessariamente a razão. O galego é língua portuguesa. A gente antiga da Galiza inventou a língua, decerto, mas estruturas não galegas muito posteriores ("Portugal") inventaram a língua nacional. Um agir linguístico, cultural e político responsável deveria começar por não omitir nunca esta evidência histórica, que só uma hipocrisia de classe e de facção dominante de campo quer apresentar como dolorosa.

luns, 23 de agosto de 2010
Profesores co galego.2
Eu xa puxera aquí un post sobre o grupo de facebook Profesores co galego, foi hai dúas semanas. Daquela o grupo contaba con 100 membros. Agora que pasa dos 240, é noticia no Xornal de Galicia polo que, ao divulgarse a súa existencia nun medio de comunicación, crecerá exponencialmente nos vindeiros días.
No grupo acaban de crearse tres foros de discusión: 1.Información a alumnado e pais e nais. 2. Libros de texto, e 3. Escrito para o claustro e o consello escolar.
Agardamos que as iniciativas e propostas deste grupo sexan un frente exitoso contra as políticas galegófobas deste goberno.

Junta de Galicia contra Xunta de Estremadura
Xa que Fernán Vello e Carlos Callón coinciden no día de hoxe en poñer de relevancia a importancia do coñecemento do galego como unha porta aberta a millóns de falantes no mundo, concretamente a aqueles de fala portuguesa, eu vou deixar aquí outra aportación.
Hai algúns meses a Junta de Extremadura realizou a seguinte campaña de promoción do estudo do portugués, porén a Xunta de Galicia ten como obxectivo aumentar o descoñecemento do galego e, consecuentemente, virarlle as costas a toda a lusofonía. As comparacións son aleccionadoras.

Vento do sul
por Carlos Callón, no Galicia Hoxe, que parece que quixo poñerse de acordo con Fernán Vello:
Foi nunha das primeiras noites de festa deste verán. Dous amigos e mais eu estabamos un pouco desorientados na cidade da Coruña procurando a rúa onde se realizaba un concerto. Pasou unha señora e pregunteille: "Desculpe, podería dicirme onde está a praza tal?" Axudándose das mans, indicounos: "Ides por aquí todo recto e despois colledes á esquerda". Agradecémosllo cun "moitas grazas" e ela, afábel, interesouse por nós: "E logo de que parte de Portugal sodes?" Caéronnos os queixos ao chan. "Non, non! Somos galegos! El élle de Petín, el de Rianxo e eu de Ribeira". "¡Ah! ¡¡Sois gallegos!! ¡Pensaba que erais portugueses! Bueno... Pues cogéis recto y después a la izquierda..."
A anécdota deu que falar aquela noite. En primeiro lugar, pola sensación de estranxeiramento que se che instala no corpo. Esa muller pensara que non eramos galegos porque falabamos galego en Galiza! Os versos de Rosalía de Castro, denunciando que os galegos son estranxeiros na propia patria, cobran novos sentidos ante situacións tan esperpénticas coma esta.
Mais hai outros elementos nesta situación concreta que tamén dan para reflexionar. Por exemplo, o feito de que a señora nos falase en galego mentres pensou que eramos portugueses. Coa súa mudanza de idioma lembroume unha consigna que, hai anos (quen sabe se agora tamén?!), lles daban ás traballadoras e aos traballadores dunha grande superficie instalada en Vigo que atraía unha inxente clientela lusa: "A los portugueses en gallego y a los gallegos en castellano".
Mais no fondo de tanto prexuízo, tanta ocultación e tanta desfiguración da propia identidade, repousan algunhas ideas turbadoras. Por exemplo, que sabemos que o galego, a fala domesticada (no sentido de que só pode servir para os ámbitos domésticos, primarios) serve para nos comunicarmos con persoas de fóra de Galiza. Portugal e o Brasil, como mínimo.
A pesar das numerosas vicisitudes históricas desde a Baixa Idade Media até hoxe, a pesar de tantos séculos de costas viradas e de descoñecemento mutuo, entre a fala do norte e do sur do río Miño continúa a haber unidade dentro da diversidade. Como conclúen todos os estudos lingüísticos e pode testemuñar calquera de nós, as diferenzas existentes non son obstáculo para a intercomunicación nin rompen a unidade estrutural básica.
A existencia do portugués ofrece unha potencialidade enorme para o proceso de restauración interna e de normalización social do galego. Sábeno, en primeiro lugar, os grupos que están en contra de que a nosa lingua progrese. Por que, se non, tanta oposición a que en Galiza poidamos recibir as radios e as televisións portuguesas en aberto, tal e como a tecnoloxía permite e tal e como obrigan tratados internacionais subscritos polo Estado español? Por que en Galiza non se pode, como si por exemplo na Estremadura española, escoller a materia optativa de lingua portuguesa no ensino secundario? A que hai tanto medo? A pesar de todo, o conxunto da poboación alfabetizada nos últimos trinta anos, que sabe ler e escribir en galego, pode ler en portugués. Subliño: malia non o estudar nunca. Sábese ler en portugués aínda non sabendo que se sabe ler en portugués!
Por iso desde a Fundación Via Galego, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística, se lanzou hai un par de anos unha engrazada campaña que levaba por lema "Aprende a ler em português em 25 segundos". Remedábase así a característica mercadotecnia dos libros que prometen aprender inglés, xaponés, alemán, italiano, ruso... en quince ou trinta días. Pois desde a Fundación Via Galego aínda se apostaba máis alto que neses métodos! Aprender a ler en portugués en vinte e cinco segundos!
Se ti aceptas ese reto, repara nestas equivalencias e cronometra a partir destes dous puntos:
LH = LL (coelho = coello),
NH = Ñ (minha = miña; o artigo indeterminado é uma),
-M = -N (um = un),
J = X (hoje = hoxe),
GI, GE = XI, XE (girafa = xirafa, geral = xeral),
Ç = Z (paço = pazo),
SS = S (passar = pasar),
-ão = -ón / -án (alemão = alemán, camião = camión),
-ães = -áns (alemães = alemáns),
-ões = -óns (camiões = camións).
Detén o contador. Adicionalmente, para leres en portugués podo indicarche que a acentuación é algo diferente ao estándar do galego, mais conforme o practiques xa concluirás que non dificulta en absoluto a comprensión: indústria, contemporâneo, Maria, etc. Verás, tamén, que hai algún vocabulario diferente, que aprenderás pouquiño a pouco. Mais, ao mesmo tempo, irás vendo que moito outro léxico galego que escoitaches desde sempre está aí presente. E, sobre todo, repararás en que é moi sinxelo, que con saberes unhas cantas equivalencias xa podes soltarte a ler e coñecer toda esta riquísima cultura que, malia ser tan próxima en todos os sentidos, nos está aínda tan afastada. Non é sorprendente que, sendo tan fácil para calquera galega ou galego ter o título que acredita o coñecemento do portugués, non se aproveite esta oportunidade? Para quen goste das cifras, resulta que o portugués é o único idioma romance que é oficial en territorios dos catro continentes e que ten máis falantes nativos que o ruso, o xaponés, o alemán, o francés ou o italiano.
Mais, claro, considerar o portugués como a lingua que é pasaría tamén, entre nós, por darlle unha outra consideración ao galego. E aí é onde está o centro do problema.

O galego de América
por Miguel Anxo Fernán Vello, no Galicia Hoxe:
Cando o idioma galego comeza a vivir o seu tristeiro solpor entre nós, o seu demorado e patético camiño cara á desaparición -se é que non se inverte o escuro proceso actual, claro é-, ao mesmo tempo florece amplo, pleno, limpísimo e musical en América, nese gran país-continente que é o Brasil de hoxe. O profesor brasileiro J. C. Barreto Rocha, da Universidade de Rondônia, nun ensaio titulado O Brasil fala a língua galega, ao que xa temos aludido máis veces, reflexionou con acerto sobre as raíces galegas do portugués -o idioma portugués é "fillo lingüístico" do galego- e deixou establecido que, por puro respecto á historia, "deve ser desvelado, com todas as letras, que, na realidade, os portugueses levaram consigo (a América, enténdese) não um idioma próprio, mas a lingua galega, o idioma que primitivamente era dos habitantes do Norte da Península, que ficavam para trás, esmagados pela histórica pressão castelhana, que "domou e castrou" os verdadeiros "pais da língua", os quais falam o galego até nossos dias". E engade, aínda, o doutor e lingüísta brasileiro por se non ficar claro: "O idioma portugués é verdadeiramente a lingua galega que foi ligeiramente modificada, e não o contrário". Xulguen vostedes. Mais o certo é que o galego de Portugal, o portugués, a partir do ano 1532, comezou a ser utilizado no Brasil, impóndose sobre as linguas autóctonas do territorio "descuberto" e conquistado, particularmente cando o Marqués de Pombal institúe o portugués no ano 1758 como idioma oficial do Brasil. Esa é a historia. O castelán impúxose nos diversos países americanos que, con pequenas variantes, o falan hoxe de norte a sul, e o galego (galego-portugués) prendeu, tamén imposto -así son as cousas-, no Brasil. Aquí, no territorio propio (berce) do galego, o 65% dos nenos entre 5 e 14 anos xa só se comunica en castelán (IGE) e, mentres, o galego de América, o portugués brasileiro, é falado por máis de 190 millóns de persoas. Cando aquí os etnocidas acaben co idioma, este seguirá cantando no Brasil.

Que facemos coa língua?
Que facemos coa língua? é o título dun monográfico do STEG con data de decembro do 2009. Como daquela non existía este blogue nin eu andaba remexendo pola rede como agora, non din con el ata agora. Pero máis vale tarde que nunca.
Entre os contidos está un decálogo do profe de lingua de Sechu Sende, un de Pablo Gamallo sobre a sintuación lingüística de Finlandia, outro de Valentim Fagim presentando a campaña "Ser língua non é fácil", ou unha entrevista a Valentina Formoso da CGENDL.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)